Un seminario revisa o contexto cultural do exilio a partir de imaxes gravadas nesa época

O ciclo está coordinado pola artista María Ruido

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

As imaxes dos medios de comunicación, as do cine experimental, militante e comercial serven para reconstruir unha época. E isto é o que fixo María Ruido co exilio cultural dos anos 70 e 80 no marco da súa investigación sobre as políticas da memoria. Despois dunha primeira etapa na que analizou os relatos que perviviron na memoria popular sobre a guerra do 36, estes días achega o segundo chanzo deste estudo que chamou Plan Rosebud. Nesta ocasión, a artista elaborou dous vídeos que fan parte da programación dun seminario (Documentalidades2) que se desenvolve ata o sábado no CGAC e que tamén conta con conferencias e debates.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Ruido, Medios de comunicación, Guerra, Cine...