O grupo de cámara In Itinere cumpre 25 anos cun concerto anticipo do seu disco

Clasicamente de hoxe

En 1977, Carlos Villanueva, catedrático de música da Universidade de de Santiago decidíu poñer en marcha un grupo de cámara. Nacía así "In itinere". 25 anos despois esta formación segue a desenvolver o seu labor sendo fiel ós seus principios, e non só iso, que desenvolveron o seu labor con éxito: gravaron nove discos cos que recibiron dous Premios Nacionais de Discografía. E dunha orquestra de cámara a outra: a Concertgebouw Kamerorkest que chega desde Amsterdam da man de Caixanova para ofrecer unha xira por Galicia. E rematamos coa Filharmonía de Galicia que celebra este sábado o seu segundo compromiso de achegar a música clásica a todos os públicos mediante un maratón de Mozart.

Cumpreanos de In Itinere


Esta noite ás 21:00 horas o auditorio da Universidade acollerá o segundo concerto do grupo de cámara da USC "In Itinere". Un concerto que forma parte do ciclo "Música e literatura" e que serve de preparatorio do que será a gravación dos seus décimo e undécimo discos. Dous traballos nos que pretenden afondar, en primeiro momento en cancións para nenos "A campá da lúa" e outro adicado ó barroco compostelán dentro da chamada "Música Clásica Galega".
Dos seus vintecinco anos dentro do panorama musical "In intere" gravou nove discos, dous dos cales ("A música no Camiño de Santiago" e "Trovadores e neotrovadores galego-portugueses") foron distinguidos cos Premios nacionais de Discografía. E non só iso, participaron en xiera de concertos por Europa, África e América. Viaxes que aproveitaron para facer partícipes da súa experiencia a numerosas universidades de todo omundo.
En 1991 colaboraron cun proxecto da Fundación Barrié que consisitía na recuperación das réplicas dos instrumentos do Pórtico da Gloria realizados por oito artesáns de diversos puntos de Europa e que presentarán o vindeiro outono en Salamanca.

Música de alá para acá


A Concertgebouw Kamer Orkest está considerada unha das mellores orquestras de cámara do mundo. Algo que se poderá comprobar na xira que celebran estes días por varias localidades de Galicia da man da programación cultural de Caixanova. Esta noite ás nove o Pazo da Cultura de Pontevedra será o encargado de abrir o ciclo de concertos. E faino cun programa que inclúe obras de Mozart, Mendelssohn, Shubert y Haydn. Un mesmo programa que se poderá ver mañá no auditorio de Galicia en Compostela, o venres en Ourense e o domingo en Coruña. E xa que falamos de música que chega a Galicia, falaremos da que sae de aquí. E é que o pasado día 12 cumpríronse 15 anos do pasamento do músico ourensán Ángel Barja. E o Instituto leonés de Cultura organiza un mameorial en recordo deste ilustre músico (que pasou a maior parte da súa vida en león) coa finalidade de dar a coñecer a súa obra. Por iso , este "Memorial Ángel Barja" está constituído por unha serie de concertos que comezaron o pasado día 9 en Ponferrada e que se desenvolvenen Cimanes de la Vega, Santa Marina del Rey, Ciñera, Villaronate, Grajal de Campos, Mataedón de los Oteros e León e que concluirá eo día 3 de marzo na Catedral de Astorga. Un evento no que participarán as formacións da Orquestra Sinónica Cidade de León "Odón Alonso", Coral Isidoriana, Coral Orbigo, Capela Clásica de león e o organista Paulino González.




Maratón Mozart


Por último, rematamos cun compromiso musical. O da Real Filharmonía de Galicia. Co inicio da programación a formación que dirixe Ros Marbá plantexou o compromiso de achegar a música ós nenos. E isto foi o que fixo no nadal cun formato convencional mediante un concerto múltiple. E a Filharmonía sorprende agora cunha segunda experiencia, que é a do Maratón Mozart, cun amplio repertorio do compositor salzburgués que incorporará numerosos descansos para que ninguén se canse no concerto. O programa, que ten un preco de 3.01 euros por persona (500 pesetas) comeza coa abertura da "Frauta máxica", seguido o "Concerto para piano nº21 en do maior", a cargo do pianista Julio Mourenza; a "Sonata para piano en do menor" a cargo da pianista Katerina Kabali; a peza "Broma musical", a "Sinfonía nº36 en do maior Linz", a "Sonata para piano en la maior" e o "Concerto para piano nº23 en la maior".