A Deputación de Pontevedra presenta unha nova revista dedicada ás artes

Quiosco: Biscuit

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteQuiosco
Compartir:
A Deputación de Pontevedra presenta unha nova revista dedicada ás artes

O MARCO de Vigo acollía na tarde de onte a presentaciónd o primeiro número de Biscuit. Esta nova publicación do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra, nace coa intención de "ser órgano de expresión e comunicación ao servizo de especialistas, artistas, teóricos, críticos, profesionais, interesados na reflexión, creación, xestión e difusión da arte". Neste número cero atopamos sinaturas coma a de Xosé Manuel Lens, Isaac Cordal, Alberto Ruíz de Samaniego, Antón Patiño ou Manuel Segade. Tamén deixa a publicación un oco para a banda deseñada, coa historia Art Wars, na que Hugo Covelo amosa en catro páxinas a súa aceda visión da arte.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Grial 208

Quiosco: Grial 208

A arte galega protagoniza a nova entrega da revista de Galaxia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, Xosé Manuel Lens, Manuel Segade, Antón Patiño...