O Festival de Zarzuela chega á oitava edición incorporando novos xéneros

No programa destaca o debut en Compostela do barítono coruñés Borja Quiza

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Todo lírica é o lema baixo o que se presenta unha nova edición do Festival de Zarzuela de Santiago. Un programa que este ano incorpora outros xéneros musicais como o tango ou o musical americano. A encargada de abrir o certame será a mezzosoprano italiana Manuela Custer, que interpretará obras de Mariano Castelnuovo Tedesco e Xavier Montsalvage. O certame que se desenvolve ata o 3 de xaneiro permitirá debutar en Compostela ao barítono coruñés Borja Quiza quen, pese a súa xuventude, ten un lugar destacado no panorama lírico internacional.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xuventude, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos