Concertos para nenos e un ciclo sobre Rossini, exemplos de didáctica musical

Aprender da música

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Escoitar e marchar é unha relación bastante habitual coa música nos concertos. Alén diso, hai actividades que pretenden achegar ó grande público aspectos descoñecidos da arte musical. En Vigo, por exemplo, estase a desenvolver a quinta edición de "Os intrumentos da orquestra", unha serie de concertos na que os escolares coñecen os diferentes instrumentos e as peculiaridades da música clásica. Mentres, en Lugo está a desenvolve3rese un ciclo sobre o Rossini que reflicte as diferentes facetas deste compositor ademais da música.

Escoitade, nenos

Tres mil trescentos nenos. Ese é o número aproximado de alumnos que se achegan entre onte e o xoves ó Centro Cultural Caixanova para participar na quinta edición de "Os instrumentos da orquestra". Esta actividade, orientada ós colexios, xurdiu a profesora de música Carmen Losada e pretende que os rapaces poidan recoñecer o son e o aspecto dos diferentes intrumentos dunha orquestra de música clásica. Ademais de asisitir ó concerto, onde vintetres músicos van explicando un por un as características do seu instrumento e interpretan sintonías televisivas e pezas populares, os alumnos traballan na aula cunha unidade didáctica. Ademais, durante o concerto, algúns dos rapaces teñen que subir a escea para bailar unha pavana, antigo baile do século XVII.
Despois de Vigo, o ciclo continuará por toda Galicia, levando a música clásica a un total de 7000 alumnos.



Rossini en Lugo

Lugo acolle esta semana a cuarta edición do ciclo "Unha historia da ópera" que afonda nesta ocasión na figura de Rossini, un dos compositores máis destacados da primeira metade do século XIX.
O ciclo, organizado por Lugo Cultural, inclúe tres concertos, varias conferencias, unha exposición e outras actividades arredor do músico.
Ademais do aspecto musical de Rossini, o ciclo pretende achegarse ós distintos aspectos da vida compositor. Así, o Círculo das Artes de Lugo acolle unha mostra na que ata o día seis poderán verse diferentes retratos do músico e da súa familia. A relación de Rossini coa gastronomía tamén está presente neste ciclo, que inclúe unhas xornadas gastronómicas no Mesón Alberto que recollen platos creados polo homenaxeado. Tres conferenciantes internacionais achegará á cidade tres concertos coma o de Víctor Carou, tenor que creou o espectáculo Rossini alla carta, no que se mestura música e gastronomía.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Espectáculo, Ópera, Gastronomía...