Penderecki fará unha ópera coa obra de Valle Inclán "Divinas Palabras"

Musica divina

Krystof Penderecki é un innovador, renovador, comprometido compositor e director polaco, ademais dun amante da literatura. E en particular da obra de Valle Inclán. E por iso está a traballar na creación dunha partitura operística no que o libreto está baseado na obra de valle Inclán "Divinas Palabras". Un espectáculo que aínda non ten data prevista, pero que probablemente se estreará no Tatr Real de Madrid. Mentres tanto, o último Príncipe de Asturias das Artes estará en Galicia esta noite e mañá para ofrecer un programa dirixindo á Orquestra Sinfónica de Galicia.

Unha ópera para Valle



O último premio Príncipe de Asturias das Artes está estes días en Galicia para ofrecer un concerto. E nesta visita, que presentou onte nunha rolda de prensa, deixou "caer" unha gran noticia: que está preparando a ópera baseada na obra de Valle Inclán "Divinas palabras". Non era novo que a este polaco, renovador dos sons, lle entusiasmaba a literatura de Valle Inclán. O que non se sabía era que lle gustaba tanto como para facerlle o libreto baseado na súa obra. Pero tras este anuncio houbo un mutismo case misterioso, sobre todo, porque non quixo deixar claro ningún dato máis. "Quizá a faga para o Teatro Real de Madrid", declarou Penderecki. Polo demais, non se sabe que formación orquestral será a encargada de facerlle os honores á partitura dun dos compositores e directores máis renovadores do panorama musical.












Programa coa Sinfónica



E esta noite en Pontevedra (onde se iniciou o contacto por diversificar os escenarios nos que poida interpretar a Sinfónica) Penderecki inicia unha serie de dous concertos onde tomará a batuta da Orquestra Sinfónica de Galicia. Eofrecerá un programa don dúas sinfonías: a novena de Shostakovich e a súa terceira, que se titula "Inusual", e que se trata da súa composición que lle levou máis tempo escribir -dez anos, confesaba onte na rolda de prensa-. De feito, estaba a traballar nela cando a deixou non a retomou ata ter escrita a cuarta e a quinta.




Un renovador da música


O último premio Príncipe de Asturias das Artes é toda unha autoridade en materia musical. E non só polo número de obras que leva compostas nos seus anos de vida, senón por ser un dos principais renovadores do panorama musical. É coñecido polas súas innovadoras técnicas de composición e a introducción de novos instrumentos. De feito, é un renovador constante da música.
Sen embargo coa súa obra soubo facer unha maior reivindicación que a dunha renovación estética, senón que compuxo obras con valor social. De feito a composición que lle deu a fama internacional foi "Threnody for the Victims of Hiroshima", compuesta en 1959, e pola que recibiu o premio Unesco. Unha composición que dura 8,37" que corresponde á duración do bombardeo sobre Hiroshima o 6 de agosto de 1945.
E postos a recordar a súa obras máis laureadas debemos citar "A Paixón segundo san Lucas (1966)", a primeira obra importante do seu catálogo que foi elexida pola West German Radio de Colonia para celebrar o 700 aniversario da súa catedral.