O Consello da Cultura Galega acollÃa esta mañá a presentación do Dicionario enciclopedia do pensamento galego. O volume, de máis de setecentas páxinas, inclúe biografÃas dos principais pensadores galegos de diferentes ámbitos canda a unha parte na que se analizan temas coma a AntropoloxÃa, a Mediciña, a Relixión ou o Pensamento CientÃfico no noso paÃs. Andrés Torres Queiruga e mais Manuel rivas GarcÃa, da Sección de Pensamento do Consello, coordinaron a elaboración da obra, que conta con 46 colaboradores e levou cinco anos de traballo. O dicionario está publicado en colaboración con Edicións Xerais e, segundo explicou o director desta firma, Manuel Bragado, "supón unha obra única no catálogo editorial galego". Bragado apuntou tamén a intención de que no futuro haxa unha versión na rede deste volume.