Animación cun grado de realidade que parece imaxe real. Personaxes de carne e oso tratados coma se foran animacións. Obxectos que saen da pantalla e parecen que están en tres dimensións. Sensación de estar dentro da pelÃcula. Estes son algúns dos efectos que nos permite a tecnoloxÃa. Técnicas que están a empregar produtoras como IB Cinema, Dygra ou Continental nos seus últimos traballos. A revolución tecnolóxica xa está aquÃ. E todo para contar historias dun xeito máis atractivo.
¿Quen non lembra as gafas 3D para ver pelÃculas que se repartÃan a principios dos anos oitenta? Pois esa mesma filosofÃa agroma de novo con forza. Pero que ninguén pense que o 3D dixital se parece algo ao de hai dúas décadas. “No caso do dixital 3D, o esteroscópico dixital, tes unha sensación de inmersión. Unha nova ferramenta no que as cousas van dirixidas ao espectador. 144 fotogramas con información diferente dirixida a cada ollo para ter unha sensación que é difÃcil de describir pola súa efectividade” explica Manolo Gómez. A pelÃcula 3D proxecta dúas imaxes ao mesmo tempo sobre a pantalla e son os lentes os que discriminan que imaxe vai a cada ollo. Este feito permite que o cerebro entenda que hai obxectos que están máis preto e outros máis lonxe, creando asà unha sensación de profundidade. O director de Dygra explica que toda esta tecnoloxÃa pódese empregar para buscar a espectacularidade ou para potenciar a historia que se quere contar. E isto é o que eles pretenden con Noite de paz?, o filme para o Nadal de 2009. Pero a esteroscopÃa é só unha técnica, IB Cinema desenvolve proxectos innovadores con outras tecnoloxÃas que auguran a revolución aÃnda está por chegar.
Novas ferramentas narrativas
Se hai algo no que coinciden Xosé Zapata de IB Cinema; Chelo Loureiro de Continental Producións e Manolo Gómez de Dygra Films é que a tecnoloxÃa debe estar ao servizo para contar unha historia. “O primeiro é comezar por un guión e por unha historia. Unha vez feito o guión debuxamos cal é a técnica máis adecuada e aà é onde comeza a planificación” explica Chelo Loureiro. Pero unha vez chegado a este punto cada empresa continúa polo seu camiño, explorando as diferentes posibilidades para os seus proxectos.
O 3D dixital é a tecnoloxÃa na que están a traballar Dygra desde hai xa varios anos e un terreo ao que acaba de sumarse a división de animación de Continental Producións. “Todo comezou cos videoxogos a principios dos anos noventa, desde o que pasamos a dedicarnos aos contidos dixitais con ferramentas que foron evolucionando dun xeito vertixinoso” explica Manolo Gómez. “Comezamos nos anos noventa con aplicacións como o Power Animation, despois o MAYA e agora estamos xa con desenvolvemento propio que vai pola quinta xeración” explica o director de Dygra. Pero a tecnoloxÃa vai despois. “Primeiro hai que ter unha idea e logo executala porque supón unha planificación diferente, un traballo distinto en función do efecto que se queira conseguir” puntualiza Gómez. Nesta liña tamén se integra Continental Producións que se iniciou no campo de animación coa curtametraxe A flor máis grande do mundo no que se combinou 2D, con 3D e Stop Motion. Chelo Loureiro, produtora executiva explica que neste momento “estamos a preparar unha longametraxe (Regina Verbum) que mestura imaxe real e animación e pretendemos facelo en esteroscopÃa”. Un proxecto para o que a compañÃa, non só tivo que renovar a tecnoloxÃa, senón que formar persoal e mesmo “buscar persoal con experiencia” explica Loureiro. Por último, dicir que a esteroscopÃa precisa tamén dunha sala especial para que sexa efectivo. A dÃa de hoxe só existe unha sala en Galicia (no Estado hai 32 salas, das que 28 se crearon no último ano) e é non comercial (está na DOMUS, na Casa do Home na Coruña).
A que non precisa dunha sala especial para apreciar esta nova tecnoloxÃa é a última aposta de IB Cinema. Chámase Linko, unha longametraxe de ciencia-ficción que integra actores reais con fondos e animacións realizados en 3D mediante un sofisticado tratamento dixital. A este tratamento de actores reais como se foran animación (técnica iniciada en filmes como Sin City ou Trescentos) chámaselle rotoscopiado e permite unha estética que está acorde coa historia que se quere contar. Xosé Zapata explica que conseguir este efecto especial supuxo “mercar unha cámara Red One (que custa 150.000 euros e que ten unha definición catro veces superior á Alta Definición); rodar na Cidade da Luz en Alacante, porque se precisa dun prató especial con Croma Key; e, en terceiro lugar, desenvolver fondos 3D”. A todo isto hai que lle engadir tres anos de investigación buscando, explorando e probando as diferentes tecnoloxÃas para poder chegar ao resultado final. Agora mesmo o traballo está en fase de montaxe ata abril, cando entrará en postprodución.
O I+D+i do sector audiovisual
“Creo que en I+D+i. hai moito que facer no audiovisual en xeral, pero no campo da animación é necesario. Sobre todo por unha razón, porque cada vez máis a animación non ten nada que ver para pelÃculas para nenos, senón que está en todas as longametraxes e ten máis aplicacións que o estritamente cultural” explica Chelo Loureiro de Continental Producións. Xosé Zapata, de IB Cinema, matiza que o I+D+i do audiovisual é diferente ao que se dá noutros sectores. “Principalmente porque a investigación neste sector ten que ser eminentemente teórica, e a Administración debe ser sensible a esta particularidade”. E non só iso, a evolución tecnolóxica é tan rápida que os equipamentos mercados rapidamente quedan obsoletos (mesmo antes de ser amortizados). Para Manolo Gómez, hai moito que innovar, hai moito que desenvolver pero, cre que a verdadeira innovación ha de vir no mundo da distribución. “Estase a producir unha gran revolución e debemos ser o suficientemente rápido para non deixar que se nos escape o tren” alerta.