A mostra de curtametraxes de Noia homenaxea a Claudio Guerín no décimo aniversario

O certame amplía as categorías da súa sección oficial

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Cumpre dez anos e, para festexalo, os organizadores da Mostra de Curtas de Noia decidiron aumentar o seu apartado competitivo. Ás seccións de vídeo e 35 milímetros incorpóranse dúas categorías novas: curta comarcal e documental de creación. Ademais, a mostra conta con tres seccións paralelas. Unha delas para achegar animación aos centros escolares e outra, como novidade, para homenaxear a directores, produtores, actores relevantes. Para comezar o ciclo, a personaxe elixida foi Claudio Guerín Hill, que finou en 1973 en Noia mentres rodaba a longametraxe A campá do inferno. Canda este filme, a mostra tamén proxectará o seu documental Galicia.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Noia, Documental, Animación

Claves

Lugares