Montserrat Caballé actuará en Galicia coa Orquestra Xove da Sinfónica

Fichaxes

En xuño, Montserrat Caballé ofrecerá un concerto en Santiago dentro do Festival Música de Galicia. E para ese concerto a soprano pedíu que fose a Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia a que actuase con ela. Todo un logro para unha formación nova (botou a andar no 1994) formada por xente nova (con idades entere os 11 e os 17 anos). Pero ata que chegue este evento, tamén hai pequenas delicias que enchen hoxe o panorama de boa música. En Vigo o Chagall Quartet, en Santiago a Filharmonía e na Coruña a Orquestra Sinfónica de Galicia coa actuación da solista Maria Bayo.

Un equipo de luxo


Non era a primeira vez que Montserrat Caballé manifestara o seu desexo de actuar xunto ós benxamíns da Orquestra Sinfónica de Galicia. E agora ese desexo ten unha cita e un lugar: en xuño, dentro do coñecido Festival de Música de Galicia na praza do Obradoiro.
Deste xeito, a popularidade da Orquestra Xove continúa a medrar, e que a súa valía está recoñecida alí por onde ofrecen as súas actuacións. De feito, está invitada a participar noutro Festival de Música, o de Segovia, onde ofrecerán un program con obras de tres autores do século XX: Resspighi (Pinos de Roma), Eoberto Gerhard UPedrelliana) y Ligeti (Lontana), baixo a batuta de Kamen Ross.
Fundada en 1994, a Orquestra Xove da Sinfónica formou xa a 174 instrumentistas con idades comprendidas entre os 11 e 27 anos e a súa calidade orquestral vai mellorando co tempo, de feito co tempo márcanse proxectos máis ambiciosos. Bo exemplo disto é que se están a preparar para que o ano próximo ofrezan, con Jesús López Cobos, o tema "Concerto para Orquestra" de Bartok.


E o programa para hoxe



Esta noite a música clásica será o cartel en numerosas localidades galegas. En Vigo, a Chagall Quartet ofrece (con entrada libre) un concerto no que intepretarán o cuarteto en fa maior op.77 nº 2 de Joseph Haydn, os cinco movemento para o cuarteto de cordas op. 5 de Anton Webern e o cuarteto en sol maior D887 de Franz Schubert. E en Compostela esta noite o auditorio de Galicia a Real Filharmonía de Galicia subre hoxe a escea catro obras de Aaron Copland, Samuel Barber e Charles Ives. Un programa que trae o mellor e máis recoñecido do panorama musical clásico americano que chega a Compostela logo de que onte triunfase na Coruña nun abarrotado Palacio da Ópera.
E xa que falamos da cidade herculina, non debemos deixar pasar outro evento destacado: trátase do concerto que a Orquestra Sinfónica de Galicia ofrecerá onde estará como soprano María Bayo. Non é a primeira vez que a soprano actúa na Coruña, de feito xa se puido escoitar a súa voz en numerosas ocasión, aínda que a máis destacada foi cando interpretou arias de ópera e zarzuela dentro do festival Mozart.