Chamouse a si mesmo o campesiño pintor, en parte porque nunca quixo perder esas orixes humildes do LalÃn rural no que naceu. Sobre esa primeira etapa de formación céntrase O primeiro Laxeiro, a exposición coa que o Museo de Pontevedra recupera este momento creativo. Canda isto, un simposio e un libro recuperan outras facetas menos coñecidas do artista.
É unha das grandes figuras da arte en Galicia. Baixo esta carta de presentación, mesmo se chegou a pedir que o dÃa do seu nacemento (23 de febreiro) fose declarado o DÃa da Arte Galega. José Otero Abeledo, máis coñecido como Laxeiro, é unha referencia artÃstica sobre a que este ano se organizaron numerosas actividades como exposicións, congresos e un acto institucional para pedir que o Museo Reina SofÃa lle dedique unha exposición. Agora, cando está a piques de rematar o ano unha exposición, un congreso e unha publicación achegarán unha visión máis humana.
A mostra
O novo edificio do Museo de Pontevedra acolle ata o 11 de xaneiro a exposición O primeiro Laxeiro. Non é un feito anecdótico, senón que responde ao interese de centrarse, tal e como explica Carlos Valle, director do Museo “ na súa etapa de formación porque é unha época non suficientemente coñecida”. Para iso, o museo fixo un traballo de identificación, busca e xestión de pezas desde diferentes entidades (a maiorÃa pretenden a colección privadas e nunca foran exhibidas) que van desde un debuxo do ano 1924 realizado por Laxeiro na Habana con tan só 16 anos, ata o ano 1942 no que o pintor deixa definitivamente Pontevedra para instalarse en Vigo.
Carlos Valle explica que “Laxeiro regresa a España no ano 1925 como un artista amateur, afeccionado e pouco a pouco vaise formando. Seis anos despois, coa axuda do concello de LalÃn e unha pensión do Museo de Pontevedra, vai a Madrid durante dous anos para asistir á Academia San Fernando onde coñece á intelectualidade do momento; asiste ao Museo do Prado no que descubre a obra de Goya e, a partir deses contactos, comeza a definir a súa vocación que despois vemos nos seu trazos definitivos: paleta escura, múltiples personaxes, temas de fabulacións, gusto polo Antroido, os retratos…”. Constantes que se poden ir apreciando nos 18 anos que recupera O primeiro Laxeiro, que permiten ir vendo a evolución e a formación do artista. “Cómpre non esquecer, apunta Carlos Valle, que é nesta etapa Pontevedra cando pinta O manancial da vida que está na sede da Fundación Caixa Galicia (antes Café Moderno) que é unha das obras máis importantes que pinta na súa carreira”.
O congreso
De forma complementaria á exposición, o Museo de Pontevedra organiza un simposio que pretende dar a coñecer o contexto desta época. “O seminario pretende, explica Carlos Valle, achegar as pautas que serven para contextualizar a primara etapa de Laxeiro que vai desde o contexto europeo, español, o galego e o pontevedrés con conferencias que sistematizan o que acontece en cada un deles”. Unha forma de poder ir situando os feitos e a súa forma de incidir no pintor lalinense. Pero no só no que atinxe aos contextos históricos senón tamén artÃsticos. Por iso, no programa do simposio hai toda unha liña de intervencións destinadas a examinar a produción dos grandes pintores coetáneos de Laxeiro tamén pensionados pola Deputación de Pontevedra como foron Maside, Torres, Colmeiro e Souto. De feito, neste último aspecto cómpre lembrar que o museo de Pontevedra exerceu de sempre un gran labor cultural. “O programa deste ano, explica Carlos Valle, non só se centra en Laxeiro senón tamén en Daniel de la Sota (cúmprense 50 anos do seu pasamento), que presidÃa a Deputación de Pontevedra cando se creou o Museo de Pontevedra, que concedeu numerosas bolsas de formación a toda unha xeración de pintores entre os que se estaba Laxeiro, Colmeiro, Souto, Torres que lles permitiron desenvolver as súas expectativas creativas”.
A publicación
Carlos Reigosa foi amigo persoal de Laxeiro. Unha relación que lle permitiu coñecer de primeira man o carácter e o temperamento do artista lalinense. Non é de estrañar que el fora o coordinador dos actos organizados no dÃa do seu nacemento e que, na súa opinión “foi un recoñecemento unánime de todos os pintores e de todas a xeracións”. Ademais, para concluÃr o ano, o vindeiro 11 de decembro presentará en Vigo Laxeiro por si mesmo. Unha publicación na que “recupero a única conversación gravada en magnetófono que tiven con el, que recolle a súa visión, asà como as opinións da xente que conviviu con el” explica. A publicación consiste na entrevista escrita, asà como unha antoloxÃa de cadros e de textos de nomes tan recoñecidos como Antón Castro ou Antón Patiño. “Foi unha tentación incorporar o adiu, pero hai dúas reflexións (unha no ámbito erótico e outra no polÃtico) que el non quere que queden rexistradas e fun respectuoso coa súa vontade e tampouco me parecerÃa pertinente gardalo” puntualiza Carlos Reigosa.