Reclaman o ciclo superior de estudios de gaita para Galicia

Gaitas para todos

O asesor de música da Consellería de Educación Juan Durán, entrevístase hoxe mesmo cos alumnos do Conservatorio de Vigo que están a reclamar que o ciclo superior de estudios de gaita de imparta no noso país. Mentres, coñecemos participación de Carlos Núñez e de Berrogüetto no espectáculo flamenco "Un pota en Nueva York", de Rafael Amargo.

Gaita total


Os estudiantes de gaita do Conservatorio de Vigo acadaron reunir máis de tres mil sinaturas a favor de que se completen os ciclos formativos que se imparten no centro deste instrumento. Hoxe está previsto que se entrevisten co asesor de música da Consellería de Educación, de quen agardan propostas completas para completar o ensino deste instrumento.
Na actualidade o Conservatorio de Vigo, único onde se imparten clases oficiais deste instrumento, só conta cos ciclos elemental e medio. Os alumnos reclaman que a ausencia do ciclo superior impídelles formarse como profesores deste instrumento e dar á súa vez clases. Centros de toda España e do estranxeiro reclaman habitualmente profresores de gaita galega, se que os estudiantes do conservatorio poidan cubrir estas prazas. A campaña a prol de crear o ciclo superior deste instrumento en Vigo acadou o apoio de destacados músicos do país coma Cristina Pato ou Anxo Pintos.

Gaitas flamencas


O último espectáculo do bailaor Rafael Amargo, "Un poeta en Nueva York" inclúe nas súas coreografías ritmos galegos adaptados por Carlos Núñez e por Berrogüetto. Segundo Amargo, buscando música para representar o retorno de García Lorca á súa aldea, pensou no campo e no verde e pensou no noso país.
A forma que adoptou a nosa música tradicional no espectáculo foi a dunha araiala, unha xota con ritmo de muiñeira que, segundo o bailaor, "ten aires profundamente galegos".