Emma Ríos: "Sempre me movín nun circuíto máis de fanzines, e non agardaba conseguir un premio por votación popular"

A autora revelación de Expocómic acaba de voltar dun encontro en Xapón

Historias curtas, maioritariamente publicada no fanzine Barsowia e algunha colaboración en obras colectivas coma Los reyes elfos: Historias de Faerie foron abondo para que Emma Ríos fose escolleita por votación popular coma autora revelación nas xornadas Expocómic de Madrid. O recoñecemento chégalle xusto ao volta do Xapón, onde esta galega participou no encontro Lingua Cómica, coa prestixiosa editora Kodansha e que lle permitiu ter agora mesmo obra exposta no Museo do Manga de Xapón.

Mentres traballa na serie Hexed para a o estadounidense Boom! Studios, fai parte da exposición Marxes e mapas no Auditorio de Galicia e prepara a adaptación á BD de Amadís de Gaula para a editorial SM, a autora explícanos como está a vivir este momento de éxito internacional.