Vázquez vólvelle reivindicar á Xunta máis cartos para a Sinfónica de Galicia

Partitura de batalla

Non é a primeira vez que o alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, lle pide á Xunta maior apoio para a Orquestra Sinfónica de Galicia. Xa o fixo durante varios anos que se saldaron cunha subvención anual. Pero a formación, que tan só ten dez anos de vida, convertiuse nun icono da música en Galicia. É a agrupació musical que máis cartos recauda en Galicia, segundo os datos da SGAE, a que goza de maior prestixio (está considerada, xunto coa de Tenerife, a mellor do Estado Español) e que custa manterse anualmente uns 6 millóns de euros. Motivos polos que Vázquez considera que a Xunta debería replantexarse a súa fórmula de colaboración.

Méritos


A Orquestra Sinfónica de Galicia é unha formación nova pero non novata. Con tan só dez anos ás súas costas goza dun curriculum deses que asombran e sorprenden a expertos e afeccionados á música clásica.
Desde que se inaugurou en 1992, a formación conta con máis de media ducia de proxectos artísticos en marcha, entre os que figuran o coro sinfónico, a Orquestra de Cámara, a Orquesta moza, a Escola de Práctica Orquestral e os Nenos Cantores da OSG. A súa presencia pública, no ciclo de concertos, no Festival Mozart que comezará en breve, e nos programas escolares a Sinfónica de Galicia atende ás demandas musicais dos máis variados grupos. De feito, tanto é así que segundo os datos facilitados no último informe da Sociedade General de Autores, é a principal formación galega á hora de recaudar cartos en taquilla (segundo as mesmas fontes no 2001 foi, logo da UTA Weyard, un dos concertos máis taquilleiros), sen embargo a caixa que fai no Pazo do Congresos coruñés, no que ten fixada a súa "residencia", é insuficiente para financiar e soster esta formación. E é tan bo o nivel acadado, as loubanzas e os méritos que recaba por parte de expertos musicais que o alcalde da Coruña, Francisco Vázquez demanda máis apoios e colaboracións por parte de todas as institucións.

Máis apoios


Darlle de comer a unha formación como é a Orquestra Sinfónica de Galicia, supón anualmente uns seis millóns de euros. Unha cantidade nada insignificante e que segundo as fórmulas actuais é insuficiente. Por iso o alcalde Francisco Vázque demandou á Xunta máis cartos. Unha petición que segundo publica hoxe o xornal "La Opinión" este ano seguirá tal e como estaba con "contratos para que a orquestra actúe no Festival de Música de Galicia e sexa incluída na programación dos circuitos culturais". Sen embargo, o mesmo xornal recolle unhas declaracións feitas polo propio conselleiro de Cultura, en xaneiro de 2001 cando prometeu estudiar novas fórmulas de colaboración económica coa orquestra do Concello coruñés.
Actualmente a Sinfónica sostense do seu titular, a Deputación Coruñesa, da que este ano recibirá uns 780.000 euros (uns 180.000 euros máis que o ano pasado), do Concello da Coruña, do "mecenazgo privado dunha serie de empresas", segundo afirmou Paco Vázquez e da sociedade (na recaudación en taquilla).


Dez anos

A Orquestra Sinfónica de Galicia cumple agora dez anos. E para celebralo está previso que teña lugar un concerto especial no que o Orfeón Donostiarra homenaxeará á fomación coruñesa. E non só iso, o concello está preparando unh programa de actividades para que os coruñeses celebren o aniversario da orquestra.