Galiza acorda recolle en BD a figura de Andrés Barallobre

Artabria e Radiofusión colgan álbums na rede

Radiofusión e a Liga de Amigos de Barallobre acaban de publicar a obra Galiza acorda, un álbum de 24 páxinas ambientado na revolta irmandiña e centrada na figura histórica do cabaleiro Andrés Barallobre. O álbum conta con debuxos de Carlos Sardiña e guión de María Xesús Arias Rei, e está tamén dispoñible na rede. Pola súa banda, a Fundaçom Artabria de Ferrol continúa a colgar na rede diferentes títulos de danda deseñada. Se hai uns meses dispoñibilizaban unha nova edición da História da Língua do colectivo Pestinho, neste mesmo mes publicaron a História da Galiza de Leandro e mais Arapaghoe, o índio com gheada, tamén de Pestinho. Nos tres casos empregan o sistema de lectura Issuu, que permite navegar por miniaturas das diferentes páxinas. As obras estaban dispoñibles con anterioridade para descargar en formato pdf.