Non é un contacontos pero tampouco un musical nin un monólogo. É un xénero a medio camiño no que xa traballaron o premio Nobel DarÃo Fo ou mesmo El Brujo. Cándido Pazó chámalle “narración escénica” porque fixo o seu achegamento desde o teatro, mentres que Carlos Blanco partiu da música. Son os xéneros hÃbridos nos que os creadores galegos se moven con forza.
“Hai luz, espazos sonoros, músicas gravadas a propósitoÂ… son cousas máis elaboradas e que non son nin propiamente teatro nin monólogos”. Deste xeito define Cándido Pazó o camiño que acaba de abrir con Historias tricolores: Ou de cómo os animaliños proclamaron a república, a súa última montaxe. “Estou experimentando cun novo xénero. Podo facer uha obra de teatro, dirixila ou mesmo interepretala, ou facer un contaconto, pero isto é un hÃbrido, aÃnda que en realidade estou contando unha historia” puntualiza Pazó. Sen embargo, é unha definición na que non se sinte moi cómodo Quico Cadaval, outro dos creadores galegos que se move nesta liña. “Eu non quero polemizar con Cándido, apunta Quico, pero eu noto diferenzas entre o meu traballo e o de outros (de ámbito internacional) que están no negocio da narración. Penso que hai unha idea reduccionista do que é o teatro, que considera so o é cando se interpreta unha personaxe e non cando o material é real. Para min o que fago é teatro”.
As peculiaridades
Con independencia de cómo se lle chame a esta forma de contar historias, o certo é que en Galicia existen unha serie de creadores que se dedican a facer espectáculos a partir da narración oral. Son Pepo suevos, Paula Carballeira, Ana Carreira, Cándido Pazó, Celso Fernández, Avelino Fernández, Quico Cadaval ou Carlos Blanco, entre outros. E todos eles coinciden nunha caracterÃstica, a implicación persoal do que conta a historia, a súa propia experiencia. Para Cadaval “ hai algo de xoglar no noso, quero dicir que a nosa personalidade é moi importante. O noso punto de vista ten unha presenza moi forte nas historias que contamos e é o que lle da singularidade”. Neste aspecto coincide plenamente con Pazó ao asegurar que “son cousas que me contaron e que a xente xa contou, que as reconstrúo e fago memoria máis elaborada”. Cadaval engade “temos moita conversa, o que chamamos conversa escénica que acaba sendo a metade do espectáculo, son as nosas ocorrencias e opinións no medo desas historias”. Malia que Quico Cadaval insiste en que os espectáculos que el fai son de teatro, incorpora elementos doutros xéneros como a tertulia tradicional, da que toma a espontaneidade e o gusto de ir enganándoo ao espectador que pensa que o levas por un camiño e logo, acabas por ofrecer algo diferente.
Hai unha segunda caracterÃstica a engadir aos novos camiños que está a tomar a narración oral, que é que se trata dun espectáculo cada vez máis elaborado. “AÃnda que estou contando unha historia, explica Cándido, hai unha estilización. Hai luz, son, cancións gravadas, cousas musicais feitas a propósito, ficciónsÂ….todo isto evidencia que é un produto pechado pero moito máis amplo”. Para Pazó, Carlos Blanco está probando estas novas posibilidades exprevisas desde o punto de vista da música, pero vai no mesmo camiño.
Ademais, existe unha maior flexibilidade para poder contar unha historia con moita máis fidelidade. Estas formas exprevisas evidencian unha nova forma de facer que os xéneros tradicionais non daba. Cándido Pazó “hai cousas que desde a proposta teatral non se da feito”. Agora mesmo anda coa idea de facer algo ou con obras como Os dous de sempre ou Memorias dun neno labrego que “cunha representación teatral non funcionarÃa ben pero que neste tipo poderÃan ter cabida”.
En todo caso, todo isto persegue poder chegar ao público. Xa o dÃa o propio Quico Cadaval que asegura ser “unha compulsa constante co público e unha tensión entre agradar ao público e desafialo. Son os dous eixos da tensión artÃstica”.