O EGM revela que a radio consegue un aumento de oíntes ante o parón da prensa

Menos, máis e igual

Máis radio e televisión e menos prensa. Os medios audiovisuais gañáronlle a partida ós impresos no primeiro trimestre do 2002. E así o ven a confirmar a primeira vaga do Estudio General de Medios (EGM) que se acaba de facer pública. Unha tendencia que tamén apunta a un tímido crecemento do uso da rede (postos a dar cifras a media estatal está nun 22,2%). Un pequeno avance que contrasta co que aconteceu en Galicia que en materia de internet deu un salto cuantativo, dun 14,6% a un 17%, que aínda nos sitúa nos postos baixos de conexión a internet.

A perda dos medios impresos



O tempo que lle dedican ós medios de comunicación os case 44.000 usuarios que compoñen a mostra do Estudio General de Medios está bastante repartido. Pero postos a sinalar tendencias apreciamos unha clara preferencia dos medios audiovisuais ante os impresos.
Os medios impresos acaban de sufrir un pequeno retroceso con respecto á última vaga do 2001 (outubro-decembro). De feito a porcentaxe de penetración relativa a este ano é dun 35,8%, o que supón unha décima menos que no ano anterior, e que se corresponde con 12.450.000 persoas. Un número que se reparte do seguinte xeito: 10.957.020 de información xeral; 3.261.000 xornais deportivos ( o Marca segue a ser o xornal máis lido) e 163.000 económicos.
En Galicia os indicadores de lectura dos xornais seguen a ocupar as mesmas posicións que nas vagas anteriores, sendo La Voz de Galicia o xornal máis lido, seguido de lonxe por Faro de Vigo. Sen embargo, apreciase un cambio no que atende a Diario de Pontevedra que, segundo referencia o propio xornal hoxe, sufreu un incremento do 10,5%. Pero o diario pontevedrés non é o único que medrou o número de lectores, sendo El Progreso o outro medio que sufreu un pequeno crecemento.












Os medios audiovisuais medran



A radio gañou oíntes no primeiro trimestre deste ano. E así volve situarse por riba dos 20 millóns, un gran número que ven a amosar o pulo e o peso que vai adquirindo o medio novamente. Segundo os datos que ofrece o EGM un total de 10.595.000 persas escoitan cada día emisoras xeneralistas (e por tipo de emisións que fan, 8.353.00 escoitan radio temática; 7.547.000 escoitan cadeas musicais; 903.000 cadeas informativas e 27.000 outras temáticas). E a décima en canto á porcentaxe de penetración que perdeu a prensa, gañouna a radio.
En Galicia, a Radio Galega continúa a manter o seu segundo posto como segunda emisora de Galicia, con 135.000 oíntes durante a semana, e 129.000 oíntes nas fins de semana. A emisora autonómica segue a mantera o liderazgo pola tarde con "Pensando en ti" que vai de tres a sete da madrugada.
E no que acontece á televisión, continúa mantendo a súa prioridade e primacía absoluta sobre o resto dos medios. de feito, o seu grado de penetración continúa a ser de case o 90%, o que lle outorga a súa hexemonía absoluta.














E a Internet segue o seu camiño


Mentres as tendencias entre os medios impresos e os audiovisuais están claras, vese un tímido avance da internet. Un tímido avance en xeral, é dicir, aplicado a todo o Estado Español. Se pola contra miramos o que aconteceu en Galicia, o resultado foi que se deu un salto cualitativo bastante destacado que supuxo un incremento do 14,6% ó 17% desde o ano pasado a isto. Pero este crecemento sitúanos moi lonxe da media estatal que está nun 22,2%. Escudriñando estes datos temos un parón ou un estancamento das webs xeneralistas, agás nos casos dos buscadores que continúan a captar máis adeptos.