Un mar de arte

O Museo do Mar amosa a creación artística encol deste medio

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Un mar de arte

O patrimonio marítimo desde a ollada de catro artistas. Esta é a proposta de Marxinal, a exposición que o Museo do Mar abría o pasado día 13 de novembro e que permanecerá aberta ata o 11 de xaneiro. A mostra recolle o traballo de catro creadores encol do patrimonio mariño. Unha instalación de César Lombera sobre a superficie mariña, os elementos construtivos e as coras das embarcacións da man de Miguel Pereira, a poesía e os cadros de Rebeca Ponte e mais os retratos de edificos mariños que fai Nuria Guardiola compoñen este proxecto.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con César Lombera, Poesía

Claves

Protagonistas
Conceptos