Unha asociación salmantina faise co premio Elías Valiña polos seus traballos na Vía da Prata

O galardón está dotado con 10.000 euros

A Asociación de Amigos del Camino de Santiago Vía de la Plata de Fuenterroble de Salvatierra, en Salamanca, acaba de facerse co premio Elías Valiño que recoñece as iniciativas para dinamizar, promocionar e recuperar as Rutas Xacobeas. Desde hai quince anos este colectivo realiza labores de limpeza, sinalización e canalización nos camiños así como varias actividades para pór en valor os seus elementos patrimoniais, como a campaña ante o Ministerio de Fomento da reposición do “miliario 133”. O premio, ao que optaban 14 entidades, está dotado con 10.000 euros.