La Voz, o Grupo El Correo, Faro de Vigo e Diario de Pontevedra medran cada día

Ollo ó dato (OJD)

A Oficina para a Justificación da Difusión (OJD) acaba de facer públicos o seus últimos datos relativos á prensa impresa. E aínda que, segundo se desprende dos titulares de cada medio, cada quen varre para casa, existen dúas tendencias. A primeira é que os xornais que estaban á cabeza en tiraxe e difusión seguen mantendo listados pioneiros, mentres que os que estaban á cola da difusión entre as publicacións impresas, os datos indican que seguen tirando cara abaixo. Dous ritmos e dúas tendencias.





Á cabeza

La Voz de Galicia, El Correo Gallego, O Correo Galego, Faro de Vigo continúan á cabeza dos dous parámetros que mide a OJD en versión impresa: tirada (número de exemplares que imprimen as rotativas) e difusión (que é o número de exemplares que se len). Cos datos na man aprécianse que nos xornais que se inclúen dentro deste grupo (que son os que loitan sempre por acadar un maior número de lectores) se aprecian certas tendencias. Entre os datos está o incremento do grupo El Correo Gallego (que agrupan a El Correo Gallego e a O Correo galego) con cifras moi significativas: tanto en tirada (48,51%)como en difusión (43,25%), uns datos que desde o propio xornal achacan ó acordo que se estableceu en decembro do ano pasado entre as dúas empresas periodísticas Editorial Compostela e Unidade Editorial. E isto recorta a distancia de forma considerable a distancia que o separa dos seus predecesores La Voz e Faro de Vigo. Dentro deste grupo La Voz de Galicia e Faro de Vigo, aínda que ambos os dous xornais continúan medrando en difusión aínda que sufriron unha reducción nas tiradas (a tirada do Faro de Vigo diminueu un -1,51% e a de La Voz de Galicia un 1,25%).











Pola cola



Os datos da OJD pola cola seguen a ser os mesmos, ou mellor dito, seguen a ter os mesmos protagonistas. Continúan co seu descenso tanto La Región como Atlántico Diario (as súas tiradas fano un 2,20% e un 9,87% respectivamente e a sua difusión faino un 1,31% e un 4,29%). Dentro deste grupo destaca o Diario de Pontevedra, que tralo de director e de estratexia editorial está a sufrir un repunte bastante destacado. O número de exemplares que saen da rotativa medrou un 11,67 % e a súa difusión un 13,44%, un apunte que o sitúa no segundo xornal con maior crecemento da prensa impresa.
Queda fóra do cómputo o xornal coruñés La Opinión, non porque no ano 2000 non foi certificado pola empresa que xustifica as tiradas e a difusión.