Coñecemos xa as grandes liñas do proxecto, e dicir, as cifras da represión durante a Guerra Civil Española (1936-1939); pero quixemos ir un pouco máis alá e ver as historias que se agochan detrás dos fusilamentos, detencións ou torturas producidos nesta época. Falamos con Gustavo Hervella, un dos investigadores do proxecto Os nomes, as voces e os lugares, que nos seleccionou seis desas historias.
Son as imaxes e as historias persoais dos que foron axustizados e represaliados polo franquismo. Hai historias para todos os tipos: dramáticas, sorprendentes e mesmo, son as poucas, felices. O equipo de investigación interuniversitario Os nomes, as voces e os lugares, seleccionou seis historias acaecidas durante a represión franquista entre 1936 e 1939.
As cifras
Segundo o traballo realizado, 3.588 persoas, entre elas 77 mulleres morreron entre 1936 e 1939 por mor da represión franquista. Do total, 1.911 persoas foron asasinadas sen procesos xudiciais previos, e outros 845 pasaron por xuízos militares. A represión cebouse especialmente en líderes políticos e sindicais menores de 45 anos. Fusilamentos, paseos, detencións, encerros ou torturas tiveron en lugar en 305 lugares de Galicia. Ata o momento, os investigadores localizaron en todo o país 26 foxas comúns de vítimas mortais deste proceso, ás que suman 11 puntos situados na costa que tamén eran empregados para se desfacer de cadáveres de represaliados.
As historias
Todas as historias están explicadas polo investigador Gustavo Hervella, membro do proxecto interuniversitario Os nomes, as voces e os lugares.
Matrimonio Carmen Miguel Agra e Anxo Nogueira Nogueira
É a tumba dun matrimonio comunista de Vigo que se suicidaron no barco Bou Eva, nun dos episodios máis tráxicos da Guerra Civil. Os matrimonio viaxaba, con outras seis persoas, no barco e foron delatados pola tripulación aos falanxistas. Foron escaldados con auga quente para que saíran do seu refuxio ata que decidiron suicidarse. Na foto saen as súas fillas, unha delas (Concepción) contou a súa vida na serie "Historias de vida" que se emitiu en Culturagalega.tv.
Autoridades militares e civís da Coruña
É unha foto do poder militar e civil da República na capital de Galicia. Cada un dos membros (o alcalde da Coruña, a líder feminista Juana Capdevielle, o xeneral Caridad Pita, o gobernador da Coruña) foron asasinados. Na foto sae Juana Capdevielle, coñece a súa historia no Álbum de mulleres
Emilio Martínez Garrido, alcalde de Vigo
Martínez Garrido, último alcalde democrático de Vigo no cemiterio da localidade. Foi asasinado neste mesmo lugar no que antes exercía, con todas as honras, de alcalde da cidade.
Elsa Omil
Elsa Omil, dunha familia republicana e evanxélica de Marín, que foi rapada polas súas ideas políticas e relixiosas. É unha das poucas imaxes de mulleres rapadas que arquiva o proxecto.
A morte Ramón Rodríguez Varela, Curuxás
É un dos míticos guerrilleiros do país despois da Guerra Civil. A fotografía consérvase por mor dun historiador local que recupera imaxes da temática da Guerrilla.
Imaxe na cadea de Alcalá
Foto do guerrilleiro comunista Camilo de Dios que foi considerado un preso perigoso polas súas ideas políticas. Foi condeado a morte en dúas ocasións que lle foron conmutadas por outras tantas cadeas perpetuas. Saíu da cadea nos anos setenta e aínda vive.

Foto: Fondo Nogueira Miguel. Proxecto interuniversitario Os nomes, as voces e os lugares
É a tumba dun matrimonio comunista de Vigo que se suicidaron no barco Bou Eva, nun dos episodios máis tráxicos da Guerra Civil. Os matrimonio viaxaba, con outras seis persoas, no barco e foron delatados pola tripulación aos falanxistas. Foron escaldados con auga quente para que saíran do seu refuxio ata que decidiron suicidarse. Na foto saen as súas fillas, unha delas (Concepción) contou a súa vida na serie "Historias de vida" que se emitiu en Culturagalega.tv.
Autoridades militares e civís da Coruña
Foto: Fondo Suárez Ferrín. Proxecto interuniversitario Os nomes, as voces e os lugares
É unha foto do poder militar e civil da República na capital de Galicia. Cada un dos membros (o alcalde da Coruña, a líder feminista Juana Capdevielle, o xeneral Caridad Pita, o gobernador da Coruña) foron asasinados. Na foto sae Juana Capdevielle, coñece a súa historia no Álbum de mulleres
Emilio Martínez Garrido, alcalde de Vigo
Foto: Fondo Martínez Pérez. Proxecto interuniversitario Os nomes, as voces e os lugares
Martínez Garrido, último alcalde democrático de Vigo no cemiterio da localidade. Foi asasinado neste mesmo lugar no que antes exercía, con todas as honras, de alcalde da cidade.
Elsa Omil
Foto: Fondo Martínez Omil. Proxecto interuniversitario Os nomes, as voces e os lugares
Elsa Omil, dunha familia republicana e evanxélica de Marín, que foi rapada polas súas ideas políticas e relixiosas. É unha das poucas imaxes de mulleres rapadas que arquiva o proxecto.
A morte Ramón Rodríguez Varela, Curuxás
Foto: Fondo Carlos Parrado. Proxecto interuniversitario Os nomes, as voces e os lugares
É un dos míticos guerrilleiros do país despois da Guerra Civil. A fotografía consérvase por mor dun historiador local que recupera imaxes da temática da Guerrilla.
Imaxe na cadea de Alcalá
Foto: Fondo Camilo de Dios. Proxecto interuniversitario Os nomes, as voces e os lugares