A presenza da historia e da memoria nas obras literarias para os lectores máis novos. Este é o eixe dos XIV Encontros Luso-Galaico-Franceses do Libro Infantil e Xuvenil que se celebran os vindeiros dÃas 14 e 15 de novembro en Porto. Entre outras intervencións, presentaranse o libro sobre a Guerra Civil neste xénero, Blanca-Ana Roig falará sobre a memoria na Literatura Infantil e Xuvenil Galega, e Miguel Vázquez Freire e An Alfaya ofrecerán unha conferencia co tÃtulo Viaxe polas palabras da memoria. Ademais celebraranse obradoiros e encontros con autores coma AgustÃn Fernández Paz e ilustradores coma José Tomás.