Arranca na Coruña o V Festival Mozart co anuncio de que o seu director marcha

Tándem de xenios

O vindeiro domingo comeza unha das citas coa ópera máis importantes dentro do panorama musical. É o Festival Mozart que se inicia dun enfrontamento de excepción, a de dous históricos, cunha montaxe que mesturará a "El empresario" de Mozart, co seu rival, "Prima la musica poi le parole". Un primeiro prato de excepción que deixará o listón ben alto nun evento que contará con seis programas operísticos, catro recitais, dous concertos camerais e seis sinfónicos. Un programa que só se ve empañado por unha renuncia, a do home que o fixo posible, Antonio Moral que anuncia que se vai.

Fin dunha etapa


O Festival Mozart cumpre cinco anos. E aínda que é moi pouco tempo o certame xa ten a súa historia. Naceu en Madrid co reclamo do que a súa propia cidade implica, coas súas instalacións, formacións e o renome do que supón actuar na capital. Pero pronto se trasladaría á Coruña, con todos os atrancos que deste feito se deriva, un lugar periférico dentro do estado e ó que se negarían actuar algunhas das figuras de primeiro nivel dentro do panorama da música clásica. O reto era difícil, pero o apoio que o propio alcalde, Francisco Vázquez, lle ofreceu unido á calidade que ofrece a Orquestra Sinfónica de Galicia, fixo que se fora facendo un oco dentro dos circuitos da música clásica máis agardados cada ano. E cun tímido presuposto de millón e medio de euros (uns 30 millóns de pesetas) Antonio Moral conseguíu consolidar este festival especializado, non xeneralista, que se centra na figura do Salzburgués que lle dá o seu nome e que polo seu variado repertorio supón un duro reto cada ano. E cando o engranaxe da maquinaria tan pesada, como é a de organizar un festival, xa parece rodado, Antonio del Moral, o encargado de facer que todo funcione, anuncia que se vai. Sen acritude e sen montar revoo. Explica a EL Cultural (revista que publica EL Mundo) que é "por cansancio, de lidiear cunha serie de problemas continuos que, posiblemente, son irresolubles e que precisan de sabia nova". Pero a marcha de Moral non é unha demisión, senón que é o que el considera unha "fin dunha etapa".


Revisión a cinco anos de traballo


E boa parte do éxito que ten a etapa coruñesa do festival Mozart chega da man das instalacións da cidade herculina e da calidade da súa formación "Orquestra Sinfónica de Galicia", que é a base do festival. De feito, dos seis programas operísticos para este anos a Sinfónica participa en catro, ademais de tres sinfónicas e algúns camerísticos. E dentro do panorama Mozart é o referente básico e Rossini o seu principal herdeiro. E se a estrea é cun tándem de excepción, "El empresario" de Mozart e "Prima la música" de Saliere, nun xogo de contemporáneos e rivais. Existen no festival grandes directores, formacións e cantantes, pero non deixan de ser un complemento que lle dará eses brillos de espectacularidade (ademais de asegurar presencia no cartel) que fan que o certame se consolide ano tras ano.
Durante todo este tempo (cinco anos) presentáronse dezanove óperas, con catro produccións propias, e nomes importantes como Chistian Zacharias Guenadi Rojdertvenski contribuíron a aumentar o éxtio desta cita.




O futuro



No Festival quedan moitas cousas por facer. Sobre todo no que atende á promocioanar a música española e galega dos séculos XVIII. Un hándicap duro e difícil porque poñer en marcha estas promocións implica un custo moi elevado que non sempre se pode realizar. Algo polo que Antonio Moral reclama o apoio das institucións públicas como a Deputación ou a Xunta de Galicia que ata agora non colaboraban co festival.
De momento, esta cita ten asegurado o seu éxito e para os seus responsables ten garantida a súa continuidade ainda que Moral non esté á súa fronte. A cita do ano que vén terá, ademais, outros retos, que é o feito de que se celebre o 250 aniversario do pasamento de Mozart, unha celebración que non debería ser allea á organización.