O Festival de Música Cidade de Lugo renace cunha modesta programación

Lugo súmase ó carro

A música clásica agroma con forza en Galicia. Este domingo daba comezo o Festival Mozart, un dos máis consolidados dentro do panorama e dos circuitos clásicos. E fíxoo con moi boa acollida de crítica e público. E en pleno fervor musical non debemos deixar pasar de lado que Lugo quere recuperar o protagonismo do seu "Festival de Música Cidade de Lugo". E cun modesto presuposto, uns 90.000 euros, acaba de presentar un atractivo programa que, do 16 de maio ó 5 de xuño, traerá a dúas sopranos María José Moreno e Mariola Cantarero.

Festival en Lugo


Lugo quere retomar o éxito e o saber facer do seu Festival de Música cidade de Lugo. E por iso o concello apostou por un evento modesto (entre outras cousas porque só tiña un presuposto de 90.000 euros) pero feito con tino, cunha programación atractiva e con suficientes reclamos para que este festival renaza con forza. E con el preténdese conseguir un oco dentro do circuito musical que terá que contrarrestar o embate con citas relevantes como o Festival Mozart e o Festival Internacional de Música de Galicia.
As datas, do 16 de maio ó cinco de xuño, que o fan coincidir con algunhas das citas dos festivais xa mencionados. E este evento será tan pronto porque algúns dos certames programados está asociado o próximo venres cun concerto inaugural que é, ademais, unha das mellores bazas, María José Moreno e a Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia, baixo a batuta de Massimo Spadano.
O certame goza tamén de personalidade propia, e cun interese destacado en ter unha certa autonomía e diferenciación con respecto ó resto dos programas musicais. E por iso mesmo, a cita aposta polo eclecticismo acollendo un amplo espectro histórico-musical, que acolle desde o canto espiritual judeo-español ata a creacion contempránea.
O Círculo das Artes, A Igrexa de San Pedro, o Auditorio Municipal Gustavo Freire e o Centro Cultural Uxío Novoneyra.
As citas, que son todas de balde, son as seguintes:

- "Música sacra de Bach e Haendel" con María Espada, a soprano coa Orquestra de Cámara da Real Filharmonía de galicia (o día 20 de maio).

- "O piano clásico e romántico" con Kennedy Moretti ó piano (O día 21 de maio).

- "Música de cámara:violoncello e guitarra" co Dúo Velev Abraldes (o día 24 de maio).

- "Arias de ópera de Haendel" con Mercedes Hernández ( o día 29 de maio).

- "Ópera e zarzuela" con Mariola Cantareiro, o outro dos grandes reclamos do programa ( o día 30 de maio).

-"O século XX" con Mudos Novus o día 1 de xuño.

-"Camille Saint-Saëns: Música de cámara para vento e piano" con Javier Vázquez Grela ó piano. (O día 3 de xuño).

- "Les voix humanes: a violia de gamba no tempo de Bach" que virá da man de Jordi Savall, e que terá lugar o día 5 de xuño.


Coruña musical



E se A Coruña segue a ser unha referencia de música non é só polos seus certames e pola súa programación, senón tamén pola calidade das súas formacións. E un deses exemploes é a Escola de Música de A Coruña, que participa no certame de Suiza. Un evento musical que se celebra desde hoxe e que se prolonga ata o día 20. E os encargados de representar á formación coruñesa son os 24 mozos que integran a Big Band da Asociación Galega de Escolas Municipais de Música. Unha estadía que aproveitarán para ofrecer unha serie de concertos.
Polo demais, fontes do concello da Coruña informaron que oa no que vénb a institución municipal será a encargada de organizar o congreso de Escola de Música en Europa e a Asemblea xeral da Unión Eurpea de Escolas de Música.