Vigo estrea unha Sinfonieta para apoiar a canteira musical

Partitura contra a migración

Vigo quere repetir a emigración da canteira. Pero pouco se trata das imaxes de Manuel Ferrol no peirao de Vigo, senón de evitar que a canteira musical que se forma na cidade olívica teña que buscar outros destinos para poder trunfar. E o mellor xeito de facelo é crear unha formación musical que lle dea traballo. O resultado é a Sinfonieta de Vigo que terá a súa posta de largo do dia 13 de xuño no auditorio de Caixanova. E mentres esperamos para escoitar a nova formación, seguimos con música e con mozos, pero agora na Coruña, onde a Fundación Barrié acaba de abrir a sétima convocatoria do ciclo de mozos intérpretes.

Pequena Sinfónica


O vindeiro 13 de xuño a música de Vigo está de noraboa. E non será nin polo aniversario de Siniestro Total nin por ningunha das formacións que fixeron famosa a movida viguesa. Senón por outro estilo musical. E é que nace a Sinfonieta que é unha orquestra sinfónica pero que ten menos de sesenta músicos. En total uns trinta músicos, entre profesores do conservatorio, alumnos de graos susperiores baixo a batuta de Joám trillo e Francisco Pérez.
E o nacemento desta nova formación virá a arroupado polo departamento de Obra social de Caixanova. De feito será no auditorio da entidade financeira onde se fará a presentación oficial da formación, que interpretará pezas de Ottorino Respinghi, Mozart, Andrés Gaos e Emilio Lede.
Con esta formación Vigo ven a cubrir un oco, xa que a cidade olívica só gozaba dunha formación que é a Orquestra Clásica de Vigo. E isto contrastaba con número de músicos que se dan na comarca que, ante a inexistencia dunha formación na que desenvolver o seu labor tiñan que marchar a outras localidades. Xa non só galegas (Santiago e A Coruña, que son as que teñen formacións a este nivel), senón tamén doutras zonas do estado español.

Ciclo para mozos


E os mozos tamén terán unha oportunidade en Vigo. E non só para a música clásica, senón para diferentes estilos musicais, que abranguen un amplo abano que vai desde o folk ata o jazz. Traátase do ciclo de mozos intérpretes que organiza a Fundación Barrié e que chega á súa sétima edición.
Este certame enmárcase dentro da programación musical da fundación que se celebra no auditorio, e que está destinado a intérpretes solistas ou grupos formados en centros de estudios musicais ou conservatorios.
Unhas propostas que deberán enviarse á fundación antes do 15 de xuño de 2002. En función do seu potencial interpretativo, o gañador terá un premio dotado con 6.011 euros e poderá obptar a un concerto como solista coa Orquestra Sinfónica de Galicia.