33 creadores exhiben en Vigo as tendencias máis innovadoras para a moda

O público poderá votar na rede a colección que máis lle guste

31/10/2008 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
2 lecturas | Compartido 0 veces
Hoxe comeza en Vigo unha nova edición da pasarela internacional de novos creadores que se celebra cada ano. Un evento que ofrecerá ata o domingo as creacións de 33 deseñadores entre os que hai catro galegas: Cristina Bernárdez, María del Carmen Pérez, Marta Rodríguez e Sabela Malvar. O encontro permitiralle aos deseñadores entrar en contacto coa realidade do mercado laboral ensinando os seus traballos. O certame conta co patrocinio de Novaxove (o programa para a mocidade de Caixanova) que lle permitirá aos seus usuarios votar pola rede as coleccións que se presenten. O certame conta con tres premios e outras tantas mencións especiais nas categorías de mellor confeccionada, mellor complementada e a máis creativa.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares