Blusens ficha a Cornelius para o seu selo dixital co que gravará o seu novo traballo

O grupo de Vilagarcia entrará a gravar proximamente nos Village Estudios en California

30/10/2008 | Redacción: Redacción. MeGA | Seccións: Música
2 lecturas | Compartido 0 veces
Despois do éxito acadado co seu primeiro traballo Greatest Hits (PAI Música, 2007) a banda radicada en Vilagarcía, Cornelius, xa está preparando o seu segundo traballo con importantes cambios. O grupo ven de fichar polo selo Blusens Music, dependente da corporación multinacional compostelá de electrónica de consumo Blusens. A súa música distribuirase a través de canles dixitais asociadas aos produtos desta marca, líder en vendas de dispositivos MP3 e MP4 portátiles. A forte aposta da compañía polo grupo vese coa contratación como produtor do veterano Mick Glossop, colaborador habitual de Van Morrison,, así como na vindeira viaxe do grupo a California para gravar nos Village Estudios de Los Angeles, lugar polo que pasaron artistas como The Doors, Aerosmith, Bruce Springsteen, Beck ou Pink Floyd entre outros moitos.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves