A candidatura Equipa de Renovación da Mesa Pola Normalización Lingüística vén de facer público un comunicado no que responde ás acusacións de falta de diálogo realizadas pola candidatura continuísta que encabeza Emilio Ínsua. Ademais, deu a coñecer a composición completa da candidatura que encabeza Carlos Callón e unhas liñas de actuación urxentes para os vindeiros seis meses. Pola banda da candidatura continuísta, onte deuse coñecer o seu programa.
Respostas
A Equipa de Renovación da Mesa pola Normalización Lingüística, encabezada por Carlos Callón, vén de facer público un comunicado no que responde ás acusacións vertida por diferentes membros da candidatura continuista que preside Emilio Ínsua.
Neste texto, os renovadores salientan que a presentación da súa candidatura responde a unha discrepancia fonda "coa xestión dos últimos anos" e a que, segundo eles, negóuselles a posibilidade "traballar na organización de dialogar coa directiva". Segundo os candidatos deste equipo, a actual directiva tentou retrasar ata xaneiro do ano 2003 a convocatoria da Asemblea Xeral reclamada polo sectro crítico. Ademais, consideran que buscou adiar a xuntanza para negociar cos membros do sector crítico para dificultar que a Asemblea se puidese celebrar en xuño como pretendían estes.
Desde a Equipa de Renovación da Mesa pola Normalización Lingüística destacan que en todo momento procuraron acadar unha candidatura única á dirección e insisten nun chamamento ó diálogo para chegar a un acordo antes do quince de xuño, data prevista para a Asemblea.
Nun artigo recentemente publicado en "O Correo Galego", a demisionaria presidenta da Mesa, Concha Costas, sinalara que era difícil "non ver intereses persoais e mesmo perversidade" na candidatura renovadora. Pola súa banda, o candidato da liña considerada continuísta, Emilio Ínsua, declarou recentemente a Vieiros.com que "o único que lles interesa (ós renovadores) é tomar a dirección".
Ademais, os dous defensores da actual directiva da Mesa acusaran á candidatura encabezada por Carlos Callón de recorrer á Comisión de Garantías da Mesa para reclamar a convocatoria da Asemblea Xeral cando estaba programada unha xuntanza entre os dous sectores coa intención de chegar a un acordo sobre a data e xeito desta convocatoria.
Propostas urxentes
A Equipa de Renovación da Mesa pola Normalización Lingüística vén de presentar o seu programa completo no que inclúe a lista completa da súa candidatura. Compoñen esta proposta á directiva da Mesa, ademais Carlos Callón, Luz Castro e Xosé Manuel Sarille, Dores Sánchez Alegre, Francisco González Alegre, Francisco González Lousada, Roberto López-Iglesias Samartim, Elsa Quintas Alborés, Íria Taibo, Isabel Kerdudo, Mónica M. Baleirón e Xosé Manuel Sánchez Rei.
Ademais, o programa inclúe unha serie de propostas urxentes a desenvolver nos vindeiros seis meses pola Mesa. Así, reclámase a realización dun Encontro Nacional sobre Língua, impoulsar a estructura comarcal da organización e afortalar a presencia normalizadora no ensino. Tamén sinalan a necesidade de iniciar o debate sobre a reforma estructural da organización e de desenvolver diferentes campañas a prol da normalización da toponimia e de galeguización da paisaxe urbana. Ademais, insisten na necesidade de activar a circulación cultural coa lusofonía, de crear un portal web sobre lingua e promover unha Plataforma pola Dignificación da Radio Televisión Galega.
O programa da continuidade
Emilio Ínsua, representante da candidatura considerada por Concha Constas "renovación natural" da actual directiva presentou en Vieiros.com o seu programa para a Mesa pola Normalización. Neste programa incide na importancia de recuperar e o ativismo colectivo a prol da normalización, ademais de buscar un diálogo constante coa sociedade e colaborar con outras entidades preocupadas polo idioma de cara a desenvolver un pacto social sobre o idioma e un Plano Xeral de Normalización Lingüística. Ademais, inciden na necesidade de acadar un maior contacto coa lusofonía e buscar a difusión mútua de productos culturais "para contrarrestarmos a presenza abrumadora do español na nosa vida diaria", e na busca da superación do conflicto normativo. Tamén reclaman a fin da "discriminación de que son obxectos os grupos luso-reintegracionistas", e prometen prestar máis atención ó galego exterior, ademais de buscar un maior artellamento da organización asinando convenios de colaboración con diferentes entidades cívicas do país. e apoiando as agrupacións comarcais.
Finalmente, anuncia a creación dun Observatorio de Dereitos Lingüísticos no seo da Mesa e adianta actividades dirixidas ós máis novos entre outras campañas.