Ánxela Bugallo anunciou no Parlamento que os plans do seu departamento para o vindeiro ano céntranse na consolidación das liñas estratéxicas de actuación no patrimonio e mais na creación cultural. Aínda que os 178.663.791 euros de orzamento supoñen unha diminución dun 3,2%, a responsable deste departamento explicou esta mañá na Comisión 3ª da cámara que, tirados os investimentos que se destinan á cidade da cultura, a achega de fondos externos e mais dunha política restritiva nos gastos correntes mantéñense os recursos do departamento.
Os equipamentos culturais, sa sexan bibliotecas, arquivos, museos ou outros reciben a partida que sufre un incremento maior nos orzamentos culturais de 2009. Nada menos que un 42% máis, 18 millóns de euros, irán destinados a este fin. Canda a isto, o fomento de actividades culturais sube tamén un 13,4% máis, resultando Patrimonio o apartado máis afectado polos recortes. Canda a este, a austeridade concéntrase nos gastos correntes, que diminúen en total un 1,6% e mais nas transferencias correntes, que baixan o 3,51%. Segundo explicou Ánxela Bugallo, as achegas do Ministerio de Cultura para 2009 achegaranse aos seis millóns de euros, froito da transferencia de centros e do apoio ao equipamento de bibliotecas entre outros apartados.
AGADIC
Entre as grandes novidades deste ano está a posta en marcha da Axencia Galega de Industrias Culturais, que absorve partidas que previamente estaban desglosadas, cun orzamento total de 17,05 millóns de euros. Entre as novidades que esta entidade achegará o vindeiro ano está o desenvolvemento de novas liñas de apoio na forma de axudas reintegrables e mais coa consolidación do crédito cultura. En total achegaranse 14 millóns de euros entre apoios á produción, á distribución, á formación específica de creadores e profesionais, á creación de públicos e á internacionalización das industrias culturais. No campo audiovisual haberá cinco millóns destinados ao apoio á produción.
No entanto, un dos principais proxectos da Axencia será a elaboración do Plan Galego da Industria Musical, cun programa a catro anos semellante ao que xa existe sobre as artes escénicas.
Libros, arte, e cultura de base
A Dirección Xeral de Creación de Difusión Cultural contará para este ano con 53 millóns de euros, o que supón un incremento do 3,4%. O Plan de Fomento do Libro e da Lectura contará para 2009 con case 9 millóns de euros, unha vez sumada a partida autonómica coas achegas do Ministerio. A maiores, outros 3 millóns irán para o fomento da lectura e a promoción da edición, mentres que 6 máis achegaranse á Rede de Bibliotecas de Galicia.
Pola banda das artes plásticas, o Centro Galego de Arte Contemporánea manterá o seu orzamento en 3.251.000 euros, aos que se sumarán 575.000 achegados da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural para o programa de exposicións. Neste mesmo ámbito traballarase na difusión internacional de galerías e artistas galegos.
En total, Ánxela Bugallo anunciou un investimento de 10 millóns de euros á promoción de cultura de base, tanto en ámbitos de creación como asociativo. O programa Cultura Vai de circuítos e actuacións culturais contará o vindeiro ano con tres millóns de euros, outro millón e medio apoiará as actividades e os equipamentos de asociacións culturais. Continuará a se desenvolver o programa de formación de técnicos culturais Vía cultura, e 896.000 destinaranse a apoiar iniciativas nos concellos. Tamén os edificios culturais de titularidade privada contarán con axudas por un valor de medio millón de euros mentres outros tres achegaranse a infraestruturas culturais.
Cidade da Cultura
Os fondos que o departamento autonómico destina á Fundación Cidade da Cultura descenden este ano. Fronte aos máis de 45 millóns de euros investía en 2008, para 2009 están previstos 38 millóns de investimento en continuar obras dos edificios, mentres que algo máis de tres millóns destinaranse a equipamentos e mais a implementar proxectos culturais neste complexo.
Patrimonio
É a Dirección Xeral de Patrimonio a que verá máis recortados os seus fondos en 2009, cun total de 32 millóns (un 0,6% menos). No entanto, entre as novidades máis destacadas, Ánxela Bugallo anunciou o desenvolvemento do Plan Estratéxico do patrimonio Inmaterial, que se presentará a vindeira semana.
A nivel de actuacións, Cultura investirá 4 millóns de euros á finalización das obras do Centros de Interpretación de San Cibrán de Las e de Campolameiro, e mais ao equipamento do Museo do Viño de Ribadavia. Case outros 5 millóns achegaranse a arquivos, museos e bibliotecas con vistas a mellorar as súas dotacións e incrementar a difusión do seu traballo entre a cidadanía. Destes, 1,9 millóns irán para informes e proxectos e case tres millóns para arquivos e centros que non son titularidade da Consellaría. Dentro desta partida achegaranse 400.000 euros ao Museo do Pobo Galego e un millón e medio ao Museo do Mar.
No campo de recuperación de patrimonio, a Dirección Xeral contará con 4 millóns de euros. No entanto, Ánxela Bugallo sinalou que esta contía completarase co investimento do 2% cultural, a porcentaxe de cada obra pública que se debe destinar a iniciativas artísticas ou patrimoniais. Segundo os cálculos do departamento, agárdase que para 2009 estas achegas superen os seis millóns de euros que supuxeron en 2008 o que permitirá manter o investimento en obras e traballos de rehabilitación. Entre estes, prevese continuar os traballos de centros que fan parte da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico, coma o do Megalitismo na Costa da Morte, o da Romanización Lugo ou o de Arqueoloxía Subacuática en Vigo. A maiores, desenvolveranse traballos de recuperación en fortalezas urbanas coma en Monforte, Ribadavia ou Lugo, ademais de continuar os traballos de rehabilitación de patrimonio eclesiástico. Ademais de finalizar os proxectos de recuperación dos castelos do Miño, continuarase cun ovo programa para recuperar as fortificacións da Raia Seca.
A nivel dos camiños xacobeos, destinaranse 625.000 euros ao proxecto de delimitación dos mesmos. Outros 160.000 achegaranse como axudas a diferentes asociacións para traballos arredor destas rutas. Axudas a escavacións arqueolóxicas, apoio a investigación universitaria e mais a entidades sen ánimo de lucro vencelladas a estes ámbitos son outras da áreas de actuación previstas. Entre outros programas de Patrimonio quérese desenvolver en 2009 un Inventario de Patrimonio Industrial, desenvolver o de Patrimonio Marítimo e Fluvial e avanzar no de Patrimonio Etnográfico.