Non é sinxelo que alguén chegue ata Santa Eulalia de Bóveda por casualidade. Este destacado monumento de época tardorromana atópase na pequena localidade lucense coa que comparte nome entre as poucas casas do lugar e ao pé da igrexa. Nesta construción atopamos unha incrible mostra de pinturas murais que canda a restos arquitectónicos nun excelente estado compoñen un conxunto único. Logo de remataren os últimos traballos de restauración, a ConsellarÃa de Cultura acaba de publicar un libro monográfico no que recolle a importancia deste monumento. Enrique Jorge Montenegro, un dos maiores especialistas neste espazo e responsable do web boveda.org, explÃcanos polo miúdo a situación e evolución do conxunto.
A historia moderna de Santa Eulalia comeza cara a 1926 cando, logo da descuberta do conxunto que fixera o párroco local comezaron as primeiras escavacións. A estas seguirÃan unha longa lista de actuacións que achegaron diferentes datos do conxunto e desubriron novos elementos do mesmo coma o estanque de localizou Chamoso Lamas nos anos cincuenta. No entanto, as investigacións non acadaron aÃnda determinar de xeito definitivo a función desta nave decorada con murais, do seu estanque e dos restos, aÃnda que en xeral se considera que se trata dun antigo espazo de culto pagán que posteriormente chegou a se cristianizar.
Para alén das investigacións, desde o primeiro intre o monumento sufriu traballos de consolidación para evitar o seu deterioro. Xa nas primeiras escavacións se detectou a necesidade de reforzar o conxunto ante a caida da bóveda superior, e desde aquela a loita contra as humidades que ameazan as pinturas ou a acción humana é unha constante. Entre as propostas máis criticadas pódese mencionar aquela que nos anos setenta apostou por reconstruÃr por riba dos restos conservados unha versión do que serÃa parte superior orixinal do conxunto.
A dÃa de hoxe, as intervencións de César Portela e Manuel Gallego Jorreto eliminaron unha grande cantidade dos engadidos modernos ao monumento e procuraron recuperar o aspecto orixinal ata onde o permiten as necesidades de conservación do mesmo. A maiores, o traballo de acondicionamento ampliouse ao conxunto da aldea, o que permitiu eliminar os elementos máis discordantes e achegarlle un sentido unitario ao conxunto. De xeito paralelo a estes traballos, un completo escáner do conxunto permitiu coñecer polo miúdo o estado de todos os elementos presentes e determinar as diferentes fases en que se foron incorporando ao monumento. Cuestións coma a colonización biolóxica ou a presenza de formacións cristalinas en pedras e pinturas quedaron agora perfectamente localizadas, o que ha facilitar enormemente que as vindeiras xeracións poidan seguir a gozar deste sorprendente conxunto.