45 obxectos da exposición precolombina incautada en Galicia foron devoltos a Perú

O goberno peruano foi o primeiro en solicitar xudicialmente a devolución das pezas

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

Once anos despois de que chegaran a Galicia para unha exposición, 45 pezas de arte precolombina foron devoltas onte a Perú. A entrega desta colección de arte, valorada inicialmente en 69 millóns de euros e reducida logo a 11 ao certificarse que non eran pezas orixinais, tivo lugar onte no contexto da visita ao país andino feita polos Reis de España. As pezas foron incautadas en Galicia o ano pasado cando Leonard Patterson, o coleccionista que as trouxo para unha exposición en 1997, quixo levalas do almacén no que estiveran depositadas durante dez anos.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Perú, Reis

Claves

Conceptos
Lugares