37 pezas da Colección Patterson serán enviadas a Madrid por orde xudicial

Exposición (parte III)

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

“O espírito de América”, nome da exposición que supuxo a chegada a Santiago de máis de mil pezas precolombinas nos anos noventa, segue dando que falar. Malia a que a semana pasada a prensa aseguraba que a metade desas pezas foran empaquetadas sen rumbo coñecido, fontes do Xulgado Número 2 de Santiago desmentíronlle aos xornalistas do Grupo Correo Gallego que fose así, indicando que só 37 pezas da mostra foron inmobilizadas. Son as que solicitou o goberno de Perú polo procedemento xudicial, único válido neste tipo de causas, que irán ao Museo de América de Madrid ata que se certifique a súa propiedade.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, América, Perú

Claves