“O xénero humano non muda moito co paso do tempo, e a lingua tampouco, continuamos empregando as mesmas palabras de hai séculos”, explÃcanos Manuel Ferreiro. Solicitámoslle que nos achegase unha pequena mostra de palabras que, por un ou outro motivo, lle chamase a atención neste corpus literario. “Escollinas unhas veces por significado, outras veces porque fan referencias a realidades que o afectan a un máis ou menos persoalmente, por lembranzas ou porque son máis sonoras. Tamén hai algunhas que mudaron de sentido”.
As clásicas
Amigo/a: “Son palabras realmente interesantes, aÃnda que mudasen algo o seu significado. Daquela querÃa dicir namorado ou amante”.
Amor: “É unha palabra fundamental. Digo eu”.
Anel: “Era un sÃmbolo moi importante. O amigo pedÃalle o seu anel á amiga”
BailÃa: “É moi sonora. Máis ou menos sinónimo de baile”.
Berce
Boroa
Cantiga: “A súa pronuncia talvez era cántiga”
Coita: “Era o sufrimento amoroso”
As que ficaron
“Hai outras palabras que fan referencia a un contexto cultural que aÃnda hoxe existe”.
Cortinha: “Non se emprega co mesmo significado en toda Galicia, mais é unha palabra común”.
Eira
Lavrador
Lezer
Meninho
Neno: “A palabra xa se documenta daquela”.
Mocelinha: “Forma diminutiva de moça”
Manseliño/a: “Diminutivo de manso, aparece sobre todo referido á muller”
Namorar
RomarÃa
Senlheiro/a “Xa se emprega co sentido que ten hoxe na literatura”.
Sandeu, sandÃa: “Ten o sentido de `parvo, louco ou ido´. Gústame porque posiblemente a etimoloxÃa sexa de sine deum, que é como quedaba o trobador cando a señora non lle facÃa caso”
As básicas e as que mudaron
“Hai palabras fundamentais que tamén están, por razóns obvias, coma Justiça ou Galiza. Hai moitas outras que desapareceron, porque tamén desapareceu a realidade a que fan referencia, ou que teñen hoxe un uso moi restrito”
Adufe: “Era un instrumento musical”
Allur: “Hoxe diriamos algures”.
Afeitar: “SerÃa o que hoxe dicimos enfeitar”
Alegrança: “Tamén aparece alegrÃa”.
Atender: “Daquela significaba basicamente ‘esperar’, entre outras cousas”.
Conquerer: “O participio era conquisto, e de aà se formou o moderno conquistar”.
Chanto: “Aparece canda a pranto. Non deixa de ser curiosa porque na Terra Cha os chantos teñen outro significado: son as chantas pequenas.
Donzela: “Hoxe xa ten un emprego totalmente restrito”.
Enquisa: “Non ten o significado exacto de hoxe, non habÃa empresas dedicadas á investigación sociolóxica. Mais si estaba relacionada con inquirir, `preguntar´”.
Frume: “Era a denominación mais clásica, para rÃo, do latÃn flumen fluminis. Tamén aparecÃa rÃo”.
Laido: “Significaba `feo´”.
Leixar: “Hoxe é deixar”.
Levar: “Daquela significaba fundamentalmente `levantar´, aÃnda hoxe se fala de levar as áncoras”
Nembrar: “O moderno lembrar”.
Obridar: “Aparece tamén esquecer, baixo a forma escaecer, co mesmo significado”.
Trebellar: “É unha palabra que a min e a moitos galegos resúltanos interesante, porque é moi polisémica. Entre outras cousas pode significar `brincar´ con todas as súas acepcións”.
Maenfestar: “Daquela era confesar”
Sirgo: “É como se lle chamaba á seda”.
Os nomes propios
“Hai tamén nomes propios que continúan hoxe”.
Afonso
Beeito
Bernaldo
Joán,
MarÃa
Marinha
Martinho
Migueel
Pedro
As dos baixos instintos
“Nas cantigas de escárnio hai moitas que se refiren ás realidade fÃsicas máis básicas”
Caralho,
Colhón
Foder
Pissa ou Pixa