AÃnda que o Festival de Cine Euroárabe comezou oficialmente hai unha semana cunha exposición e unha semana gastronómica, non é ata este sábado cando comezan as proxeccións cinematográficas. Será entón cando se poidan ver filmes que pretenden achegar un maior coñecemento sobre a realidade árabe. A organización deseñou un festival que repite esquema diariamente (curtametraxes ás 18:30, documentais ás 19:30, longametraxes ás 22:00 e a sesión golfa ás 00:30 horas). O venres 31 terá lugar a gala de clausura na que se repartirán 16.400 euros en premios (o do público, mellor longametraxe de ficción, mellor documental, mellor curta de ficción e mellor curta documental) e dous trofeos na categorÃa de mellor actriz e actor.