“Rise and shine” (mellor curta), “Beyond the wall” (mellor documental), Hend Sabry (mellor actriz), Bashar Dahas (mellor actor), “Columpios” (premio do público), Nasser Bakhit por Night Shadows (mellor director) e, “Driving to Zigzigland” (mellor pelÃcula) foron os gañadores da quinta edición do festival euroárabe Amal. Un certame que repartiu máis de 16.500 euros en premios e que deixou outra nova. A que deu o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, na gala de clausura do certame ao anunciar que a Xunta estuda a realización dun encontro cinematográfico en terra árabe para "dar a coñecer o cine e a cultura de Galicia".
Máis información no web do Festival, no da Xunta sobre o anuncio de Touriño; en El Correo Gallego os premiados, e máis sobre o certame na nosa hemeroteca