Académico, catedrático de Románicas, fundador do Instituto da Lingua Galega, promotor do Centro Ramón Piñeiro... O currículo de Constantino García evidencia a importancia desta figura para a nosa lingua. García foi incinerado onte nunha cerimonia íntima logo de falecer aos 81 anos por mor dunha longa enfermidade. Para mañá ás cinco e media está prevista a celebración do funeral na igrexa compostelá da Nosa Señora do Pilar.