Sesé Mosquera presenta en Ferrol o álbum Los babilonios

É o segundo volume da serie que realiza sobre a Historia da Arte

Los babilonios é o título da segunda entrega da serie que a debuxante galega Sesé Mosquera está a realizar para a editorial Saure con guións de Gonzalo Martinez de Antoñana. A obra presentarase o vindeiro día sete de novembro ás sete e media da tarde no Ateneo Ferrolán. A historia explica as manifestacións artísticas dese período histórico de xeito didáctico, do mesmo xeito que xa facía a primeira entrega da serie, Los pintapiedras.