No 2007 Canadá produciu 30 filmes, Cataluña 78, o País Vasco e Galicia 14. Malia que estas cifras parecen indicar grandes desigualdades entre as realidades cinematográficas de ambos países, unha lectura mais detida evidencia que non é así. Os profesionais destes territorios que participaron no Foro da Lingua que a Academia do Audiovisual organizou en Ourense, plasmaron que non son tantas as diferenzas.
Dos trinta filmes que se producen anualmente no Quebec só 7 son en francés; dos 78 feitos en Cataluña só 12 están en Catalán (e isto porque tamén inclúen os documentais...); dos 14 cualificados como vascos só 1 está en euskera e dos 14 galegos tres (se incluímos os documentais e a animación como fan os cataláns a cifra aumenta ata 36 producións das que 21 están en galego). Isto dos traballos producidos e estreados no 2007. Á cifra dos resultados a realidade comeza a ser máis homoxénea nestes sistemas audiovisuais. Gales, Quebec, Euskadi, Cataluña e Galicia comparten o feito cultural de ser territorios nos que conviven varios idiomas. Tendo en conta que neses espazos o audiovisual exerceu un importante labor de vertebrador cultural, aínda que con diferentes niveis de implicación e desenvolvemento, quixemos coñecer cal é a situación deses países.
O papel normalizador
Denis Chourinard (Quebec), David M. Barlow (Gales), Miguel Angel Casado (Euscadi) e Joan Corbella (Cataluña) debullaron no marco do Festival de Cine de Ourense unha radiografía da situación actual nos seus respectivos países no que afecta a este sector. Todos estes especialistas e investigadores coincidiron en destacar a importancia da lingua para o desenvolvemento da industria cultural, ademais dun papel normalizador fundamental. Agora ben, en cada territorio fíxose dun xeito diferente cunha intencionalidade distinta.
No Quebec Denis Chourinard remitiuse aos anos sesenta para relacionar a importancia do cine na transmisión de valores culturais. Cando os quebequeses emigraron do campo á cidade e comezaron a ver que era moi difícil relacionarse na lingua francesa. Ademais, estaba considerada como a lingua dos pobres apuntou este realizador. Foi entón cando o Film Institut Board of Canadá comezou a desenvolver unha serie de documentais para recuperar a historia do patrimonio e a recuperar a lingua propia do Quebec. Nese momento, os intelectuais comezaron a facer patria polo seu idioma e expresaron a máxima de Como vai ser a lingua dos pobres se é o idioma do Festival de Cannes?. Chourinard asegurou que o incremento de porcentaxes nos sucesivos referendos pola independencia do Quebec están relacionados coa toma de conciencia da súa identidade e que isto tivo no audiovisual un dos máis destacados piares. E aquí é onde radica a principal diferenza do Quebec co resto das cinematografías, a xente (falando dos produtores) está máis orientada cara a película que cara o negocio asume Chourinard. Na súa opinión o cine debe axudar a definir un espazo cultural, de aí a importancia de facer producións nas que un pobo se sinta representado.
A televisión como motor
O caso galés é moito máis preocupante porque como o propio David M Barlow expuxo non hai unha industria galesa de cinema, é unha colonia cinematográfica do Reino Unido e, o que é peor aínda, é difícil falar de aspiracións de cara o futuro. O galés no audiovisual redúcese exclusivamente e dun xeito moi minoritario á televisión. Chegamos aquí ao segundo punto importante no que coincidiron todos os expertos, o rol que mantén a televisión como motor do sector, así como a necesidade de poñer o énfase en promover producións que non só se roden na lingua deses territorios, senón que tamén reproduzan os seus sinais de identidade. Das tres televisións que hai neste territorio 5 cadeas das que tres son públicas e unha privada. Desas públicas só a BBC Wales e S4C emitían dez horas semanais en galés (con contidos elaborados no propio territorio). Pero agora nesa televisión enfróntanse a outro reto, o tecnolóxico, que fará que se multiplique a oferta pero non no seu idioma. Ao non haber produtoras relacionadas co feito cultural, non crearán contidos co que na opinión de Marlow pasarase dun ratio de unha televisión que fala en galés de cada cinco a unha de cada cen.
Precisamente a importancia da televisión como núcleo vertebrador e motor dunha industria audiovisual foi unha das conclusións da teses de doutoramento de Miguel Ángel Casado. Un vasco que estivo analizando as políticas de fomento do audiovisual nas diferentes comunidades autónomas españolas e Gales. Canda a televisión, para este vasco existe outro piar: as directrices políticas.
Unha política clara
A política marca a liña ao seguir para o sector. Polas axudas (e os criterios que marca en cada unha), polas entidades que crea e porque fixa o horizonte a seguir. Miguel Ángel Casado sábeo ben polo que estivo analizando no marco da súa tese de doutoramento e conclúe a súa investigación falando na necesidade de tender cara unha ventanilla única, ou o que é o mesmo, unha única entidade que centralice as axudas audiovisuais. Ten estudado que as directrices políticas son determinantes no resultado da industria audiovisual. E pon exemplos. A finais dos oitenta creouse EUSKAL MEDIA, unha sociedade para a produción cinematográfica con capital público que non perseguía tanto o fin cultural como ter unha rendibilidade. A entidade desapareceu en 1997 e, na súa opinión, derivou na creación dunha nova xeración de directores vascos que funcionaban en Madrid con temáticas que nada tiñan que ver coa realidade vasca. Un patrón de comportamento que tamén reflectiu Joan Corbella cando fixo o seu particular repaso pola historia do audiovisual catalán. Despois da primeira época de Jordi Pujol no que se botaron a andar os alicerces da política audiovisual e na que a televisión tiña unha potente e forte aposta, pasouse ao tripartito que se caracterizou por trasladar ao audiovisual a filosofía das políticas públicas do libro. E isto supuxo apoiar todas as producións (á administración desta época chamóuselle popularmente a repartidora) coa intención de que de todo ese volume saíra algunha película boa. Pasouse así de vinte producións ao ano ata as setenta. Así ata que chegou Esquerra Republicana ao poder na área de cultura e pretenden abrir unha nova etapa no cinema centrada non tanto no número de producións como na calidade dos traballos. Para Corbella púxose o interese en promover o valor da cultura catalá no marco do audiovisual. Como no caso quebequense, primeiro a cultura e logo o negocio.
Á marxe de cal é o mellor modelo, se hai un feito no que todos están completamente dacordo é da importancia da distribución. Non só para a supervivencia dun sistema audiovisual propio senón para o conxunto da sociedade como espello no se ollar.