O Gatipedro foi, e segue sendo o pesadelo dos nenos. Era quen viaxaba con Pedro Chosco polo mundo dos soños para buscar remedio o mal, co que o neno acaba erguéndose cada mañá coas sabas molladas. E esa viaxe polos soños ten agora un novo formato. É o de libro - disco que presentará nas librerías esta semana a editorial pontevedresa Kalandraka. Un libro con moitos nomes propios: o texto de Tucho Calvo, as ilustracións de Antonio Caíña e a música da Orquestra Sinfónica de Galicia.
Sondeconto
A editorial pontevedresa Kalandraka, volve a responder a os máis cativos con outro novo libro, con outra versión máis animada das súas obras da colección Sondeconto. Esta nova obra é "Gatipedro" que pretende traer e recrear o mundo dos soños e dos medos dos cativos por mollar a cama polas noites. E para esta nova entrega pola colección que eles establecen como "Libros de museos" a editorial pontevedresa conseguíu un grupo de personaxes de excepción. O texto é de Tucho Calvo, aínda que o máis rechamante son asilustracións. Obra e autoría de Antonio García Caíña (Carballiño, 1970) que crea imaxes con materiais de desfeito, que logo son pintados por el. Unha técnica (box art) moi estendida nos Estados Unidos desde os anos cincuenta e que comeza a traballar as caixas como espacios onde se pode facer unha visión do mundo. E neste caso, Caíña non fai para Kalandraka a súa visión do mundo, senón a súa particular representación da personaxe que recreou Álvaro Cunqueiro. Polo demais, o libro ten como valor engadido que está acompañado dun CD, no que ademais de musicar a historia, serve para introducir ós máis cativos na música clásica. E a parte musical é obra da Orquestra Sinfónica de Galicia, nunha composición feita pola dirección musical de Manel Valdivieso, con instrumentos de corda, vento e percusión. Está ademais, a naración da historia na voz de Santiago Fernández.
Con esta obra continúan coa colección "Sondeconto" que se estreou con "As memorias das árbores" con texto de Xosé Antonio Neira Cruz, eilustración de kiko da Silva.
Composicións galegas
Tralo recente pasamento do presidente da Real Academia de Belas Artes, a súa actividade segue desenvolvéndose baixo o liderazgo de María del Villar Mateo de Arenaza. E este sábado desenvolveu unha xuntanza na súa sé do Real Consulado da Coruña e estableceron os futuros proxectos que ha de desenvolver. E entre as súas prioridades estableceu que a obra completa do académico e compositor galego Rogelio Groba ía ser adquirida pola Academia. Unha compra que pasaría a formar parte dos fondo do Arquivo Musical de Galicia.