O público vólcase no Festival Mozart e varios grupos presentan os seus traballos

A música enche

A música segue a encher escenarios. E se antes só eran os de música flok, pop ou tecno, agora a música clásica comeza a ser un reclamo atractivo. E todo gracias ós festivais clásicos que, cun centro estable e cunha programación atractiva, conseguen encher aforos. Os últimos exemplos foron os cheos absolutos que houbo no V Festival Mozart. Dúas óperas "Cossí Fan Tutte" de Mozar e "A italiana en Arxel" foron as encargadas de entretes o público. E completanto este cartel hoxe comeza o II Foro no que, mediante conferencias e charlas contirbuirán a divulgar máis e mellor a música clásica. E completando a oferta con música para todos os gustos, numerosos grupos folks presentan os seus traballos. Os últimos en facelo: Ávalon, Brath, Laio e os músicos do Courel. Para todos e de todos os gustos.

Concertos clásicos


O agardado Festival Mozart da Coruña ofreceu o pasado venres un dos pratos fortes desta edición, a representación da ópera "Cossí fan Tutte" de Mozart que conseguíu un cheo absoluto. E era tal o que se esperaba que a organización decidíu que a representación se repetise no mesmo marco e que logo se trasladase a Santiago (onte actuará o 6 de xuño desta semana). Pero ademais dos concertos a V edición do Festival Mozart complétase con outra oferta. Trátase do II Foro Cultural do Festival Mozart, que se inicia co patrocinio da Fundación Caixa Galicia. Un foro que terá tres sesións nas que expertos ofrecerán claves para poder comprender a música dos compositores. A primeira das mesas terá lugar hoxe ás 1230 na sala de Conferencias da Fundación Caixa Galicia e que contará coa presencia do director musical Alberto Zeddla, que foi o encargado de dirixir o sábado a obra "A italiana en Alxer" e a obra "O viaxe a Reims" (aínda por representar) e Pier Luigi Pizzi, que é o responsable da última montaxe.
O ciclo de conferencias continúa o día 17 ás 19:30 horas onde se analizará a obra de Giovanni Paisiello, "Pulcinella vendicato"que se presentará o sábado 22 no Teatro Rosalía de Castro nunha coproducción do Teatro Regio San Carlo de Nápoles e do Centro de Música Antica Pietá de Turchini da mesma cidade, baixo a dirección de Antonio Florio. Nesta conferencia estará tamén Alessandro Lattanzi, licenciado en musicoloxía pola universidade de Pavia e colaborador de diversas institucións que conecten en particular a Giovanni Paisiello e a música napolitana da segunda metade dos setecentos.
O ciclo remata o día28 ás 19:30 co conferencia do director do Teatro Real de Madrid.












E non tan clásicos



E deixamos a música clásica e pasamos ó folk, onde existen numerosos traballos novos de vellos grupos. E empezamos por Ávalon, onde as viguesas pretenden bater todos os récords acadados co seu primeiro traballo ("Lúa Meiga") e a partires do que, fieis ó seu estilo, acaban de dar a coñecer "Beltaine". Esta obra defende a súa particular visión do eclecticismo para presentar temas propios sen deixar de lado composición tradicionais e medievais cos que acostuman a experimentar. E para que a súa presentación chegue a todo o mundo teñen organizado un concerto para o vindeiro día 8 de xuño ás 22:30 horas.
Outros dos que andan presentando novo traballo son uns históricos da música. Os lucenses Brath presentan "Rodeira", o sexto traballo da formación e o segundo dunha triloxía que iniciaron con "Cinco". Neste traballo unen os sons da terra (tomando nome das marcas que os carros deixar polos regos labrados) incluíndo unh areivindiciación da idioma como una froma de reafirmar a identidade. Neste traballo Brath recuperou a percusión tradicional mediante instrumentos como tarrañolas, bombos ou pandeiros, ademais dunha forma próxima ós alalás tradicionais.
E Laio ofrecerá en breve "Luneda", en homenaxe á parroquia da Cañiza. E Laio volve a ofrecer o seu traballo nos Estados Unidos, igual que fixera co seu primeiro disco co que realizou unha xira por EEUU e Canadá. E a presentación oficial do seu novo traballo será no mes de xullo en Estados Unidos (onde iniciarán unha xira que levará ata alá a 14 artistas galegos que os axudaron no seu traballo) e que chegará a Galicia no mes de setembro.
E rematamos este repaso polos novos grupos coa noticia dunha gravación moi orixinal. Trátanse dos músicos do Courel que como veñen facendo desde hai anos, gravaron un novo traballo en plena montaña. A moza banda de gaitas local e varios veteranos cantores populares da zona foron os encargados de interpretar pezas tradicionais para o seu cuarto disco da serie "músicas do Courel". E para gravar este traballo, escolleron dous emprazamentos típicos. o bosque de Rogueira e a lago de Lucenza, onde tería como fondo sonoro o rumor da auga e o trinar dos paxaros.