Expertos do EAVE achegarán a súa experiencia a produtores e realizadores galegos

A responsable do programa Europeo anunciou que prepara un programa piloto para Arxentina

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

EAVE é unha sociedade de profesionais do audiovisual europeo que desenvolve un dos máis prestixiosos programas de formación, ademais de ter unha rede de traballo para facer longametraxes, documentais e animacións. Non é habitual que fagan programas de formación no marco dun festival cinematográfico, de aí a importancia que teñen as tres Masterclass que impartirán desde hoxe no marco do Festival de Ourense (OUFF). Roshanak Behest e o produtor belga Sebastian Delloye explicarán a 86 produtores e realizadores galegos e portugueses como elaborar un guión. Ademais, a responsable do EAVE, Kristina Trapp, aproveitou a presenza no OUFF para anunciar que desenvolverán un programa piloto en Bos Aires o vindeiro ano, sendo así a primeira vez que traballan fóra de Europa.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con OUFF, Arxentina, Guión, Documentais...