Sarabela Teatro reflexiona sobre o que hai despois da morte en Dame Veleno

Feira Galega das Artes Escénicas 2008 - Montaxes

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Dáme veleno é unha obra para gozar das sorprendentes sensacións que nos invaden cando non sabemos o que nos espera detrás dunha porta ou cando tentamos atrapar a verdadeira natureza dun grupo de seres humanos no trebón da vida ao límite

Imaxe 1
1/2
Imaxe 2
2/2


Crítica

“O enfermo non imaxinario” Por Beatriz Bravo

No momento que alguén sabe que vai morrer non queda a súa vida destinada a máis inevitable teatralidade? Cada movemento, cada palabra e aceno seu será recollido e analizado polo público involuntario que comparte esa derradeira etapa. Todos podemos debuxarnos por un momento empático no corpo do enfermo e volver axiña á seguridade da nosa vida. Dame veleno decide arriscarse a non facelo. Os cimentos son difíciles, pero Sarabela é quen de edificar un espectáculo poético e comprometido ó redor dun tema tan controvertido coma o dereito a unha morte digna, un universo fronte o cal faise imposible a indiferencia ou a busca dunha diversión escapista.

O enfermo non é imaxinario, loita por enviar a súa mensaxe a través dunha obra aventurada, por momentos dura, na que o (funcional) decorado, a (colorista) iluminación e o (delicioso) vestiario desaparecen para deixarlle o peso da historia ó traballo actoral. Só con sentimento se pode falar de sentimento.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, Teatro, Sarabela Teatro, Artes Escénicas...