Quico Cadaval estrea Obra, a primeira dunha triloxía que experimenta nos límites do xénero teatral

Feira Galega das Artes Escénicas 2008 - Montaxes

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:

Con Obra ábrese a triloxía No coment project,na que os membros de Excéntricas queren explorar formas teatrais mestizas e fronteirizas, nas cales convivan e choquen diversas formas teatrais de facer comedia que normalmente non se mesturan. Nesta primeira entrega mesturan a "operarios da construción civil" procedentes de distintas culturas nun dos andares máis altos dun rañaceos, nun debate intenso sobre a falla de amor, os gustos gastronómicos, as modas en arquitectura, os deportes, o medo á morte accidental, a vocación profesional, o mito sexual da clase operaria, os delicados gustos cinematográficos...

Cartel de Obra
1/8
Imaxe 2
2/8
Imaxe 3
3/8
Imaxe 4
4/8
Imaxe 5
5/8
Imaxe 6
6/8
Imaxe 7
7/8
Imaxe 8
8/8


Crítica

“En construcción” por Beatriz Bravo

No andar oitenta e un dun

R

A

Ñ

A

C

E

O

S

ter vertixe sería un problema. Hai que poder moverse con soltura, gabear polos andamios, saltar dun lado ó outro. Mesmo dun xénero a outro, xa que estamos, e sen mirar para abaixo. O arquitecto Cadaval e os seus obreiros funden pantomima e musical. Aloumiñan o cinema mudo. E como experimentados comediantes, non esquecen deixar algo de espazo para o drama. Ou quizais compriría dicir que permiten que tres personaxes dramáticos se perdan no escenario a medio facer dunha comedia.

En Obra todo está en construcción. O edificio. O decorado. A forma teatral. Os actores, que rin de si mesmos e xogan a reinventarse unha e outra vez. O público, que non sabe que xiro poden dar os planos e que quizais e o único consciente de que o chan queda moi lonxe.

Obra, herdeira do mellor Chaplin en tantos momentos, amosa que a poesía pode estar en calquera parte. Mesmo esquecida nunha táboa a moitos metros de altura. Xusto no mellor sitio para practicar claqué.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xénero, Quico Cadaval, Artes Escénicas, Comedia...