O vindeiro luns comeza en Cannes un dos mercados máis importantes de contidos audiovisuais e dixitais, o MIPCOM. Unha cita que este ano ten España como paÃs convidado e ao que asistirá unha delegación de 16 empresas galegas baixo o paraugas do Consorcio Audiovisual. Unha oportunidade que lle permitirá coñecer de primeira man as tendencias audiovisuais e futuras dos mercados televisivos e multimedia, ademais da oportunidade de comercializar e presentar os seus proxectos. De xeito paralelo ao MIPCOM desenvólvese o MIPCOM, especializado en contidos dixitais e audiovisuais infantÃs e xuvenÃs.