A CRTVG exhibe esta semana cine galego e a Xunta convoca axudas a exhibición

Tecendo nas tramas

Luns, martes, mércores... cada día de esta semana será "made in Galicia". A CRTVG pretende celebrar con produccións audiovisuais da terra a semana das letras galegas que este ano se lle adica a Frai Martín Sarmiento. E para eso tirou man de títulos novos (como "Entre bateas" de Jorge Coira) e outros xa coñecidos ("Sempre Xonxa" a primeira longametraxe de ficción de Chano Piñeiro). E para abrir bocado onte estreou a súa última serie "Fíos", que pretende achegar o mundo da mdo da man da familia Sueiro, propietaria dunha próspera empresa do téxtil e que contará coa participación de nomes tan coñecidos como Laura Ponte, Manuel Manquiña e Mon Santiso. E, por outra banda, no seu compromiso de relanzar o audiovisual, a Xunta acaba de publicar no DOGA a orde de axudas coas que contribuir a paliar a crise que sofre o sector da exhibición no rural galego.

Audiovisual galego


Todas galegas. Esta semana a Televisión de Galicia encherá a súa programación con obras galegas. Trátase de produccións que ofrecer unha programación con filmes galegos, ben producidos aquí, realizados, protagonizados por profesionais galegos ou ben películas que gardan relación con Galicia explícita ou implicitamente.
Comezamos facendo un percorrido polas películas:

Luns 13: comeza a semana con "Era outra vez" e "Cando o mundo se acabe, seguireite amando".

Martes 14: " Cando volvas ó meu lado"

Mércores 15: "Arde amor"

Xoves 16: "Fronteira Sur" e "Dame lume"

Venres 17: "A palabra", "Ser ou non ser", "Galego" e "Sempre Xonxa" que é a primeira longametraxe de ficción producida en Galicia e da que é autor Chano Piñeiro.

Sábado 18 : "A lingua das bolboretas" e "Condenado a vivir" que narra a vida do tetrapléxico Ramón Sampedro.

E o domingo, remata a semana coa estrea de "Entre bateas" de Jorge Coira e "Fisterra" de Xavier Villaverde.

E non só aquí quedan as estreas cinematográficas, senón que na programación da TVG está prevista a emisión dunha serie documental matinal, "Letras Galegas 2002", que en cinco capítulos ofrecerá un percorrido pola biografía e obra dos autores homenaxeados o 17 de maio desde 1963 ata hoxe.
E ademais, emitirán catro curtametraxes en animación que realizou Lúa Films "Meigallos, sombras e papas de arroz", "os defuntos falaban Castelao", "Ignotus" e "A escola das areas". Esta última curtametraxe presentouse o venres no Consello da Cultura Galega e analiza a figura de Frai Martín Sarmiento, homenaxeado este ano polo día das letras galegas.











Fíos



A última serie da Televisión de Galicia pretende achegarse ó mundo da moda. Chámase "Fíos" é unha serie de 17 capítulos dunha hora de duración que dirixe Suso Iglesias e produce La Región Televisión. A serie conta a historia da familia Sueiro, propietaria dunha rentable empresa téxtil que naceu a partires da modesta sastrería de Amador Sueiro (personaxe que encarna Pepe González). Entre o reparto figuran nomes coñecidos do mundo da moda como Laura Ponte (que fai de xefa da sección de Patronaxe e Deseño), Mon Santiso, Manuel Manquiña e Chisco Amado, entre outros.



Axudas


A Xunta continúa coa liña de facer desta a lexislatura do audiovisual. E acaba de convocar unhas axudas para as salas de cine sitas en zonas rurais ou pouco rendables, contrinuíndo así a paliar a crise que atraviesa o sector da exhibición nas zonas rurais de Galicia.. E, segundo figura no DOGA do venres 10 de maio, entende por zonas rurais "municipios sitiuados fóra de capitais de provincia e localidades con poboación inferior a 50.000 habitantes, que manteñan a súa actividade ó longo de 2001 durante ó menos catro meses, e que obteñan unha recaudación bruta anual inferior a 30-050 euros e que estean inscritas no correspondente rexistor do ICAA.