O CGAI homenaxea hoxe ó coruñés José Ernesto Díaz-Noriega

Cataloga e exhibe

José Ernesto Díaz Noriega (Barcelona, 1912- Madrid, 2002) é un deses homes do audiovisual que adoitan a pasar esquecidos, Malia que naceu e morreu fóra de aquí, o Galicia éralle unha terra moi preta xa que viveu na Coruña longas temporadas, que deron froito a un gran número de títulos e longametraxes que foron forxando o cine amateur galego. Hoxe o Centro Galego de Artes da Imaxe, quixo renderlle a súa homenaxe, e faino proxectando algúnhas das súa películas e cun coloqui no que intervendrán expertos e amigos. E o nome de Díaz Noriega abofé que formará parte dese proxecto de recuperación e difusión para recuperar e difundir o patrimonio cinematográfico. Un proxecto no que traballan da man a Universidade e a Xunta de Galicia.

Homenaxe


O pasado 21 de febreiro finaba en Madríd José Ernesto Díaz Noriega. E con él morría parte da historia viva do audiovisual xa non só da cidade da Coruña, á que estivo moi ligado ó longo da súa vida, senón tamén a do audiovisual galego. De feito, a súa estadía na Coruña, producíu unha vida moi activa da que saíron gran cantidade de títulos: "Dúas versións do mar", "Sever Odnum (Mundo ó revés)", "O xurado", "Al Nasr Altair", "O festival", "Bosques de Galicia", "Os suevos", "Nosos prados, nosos montes". Pero de toda a súa producción realizada en Galicia destacou "Cine amateur", un filme satíritico-didáctico que obtivo máis dunha ducia de premios nacionais e internacionais, como a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cannes ou as medallas de ouro nos de certames de Estoril e Dvronik. E aínda que estes són só algúns dos seus méritos, o Centro Galego de Artes da Imaxe quixo adicarlle a súa homenaxe. E para isto ten preparado unha xornada na que se proxectará a súa curtametraxe "Cine amateur". E no só iso senón que a proxección estará acompañada por unhcoloquio no que intetvirán Carlos Fernández Santander, xornalista e cineasta afeccionado, o cineasta miguel Castelo eo crítcio Eduardo Galán.
Ademais, para este mes de maio, o Centro Galego de Artes da Imaxe tamén ten previsto a presentación da restauración "A bandeira negra", a ópera prima do coruñés Amando de Ossorio realizada en 1956. Un filme que permanecía inédito polos múltiples problemas administrativos que imposibilitaron a súa estrea na época da realización.

Convenio


A Universidade de Santiago e a Xunta de Galicia traballarán xuntas da man para a catalogación de todo o patrimonio do audiovisual galego. E no seu empeño non estarán soas, xa que tamén colaborarán o Centro Galego de Artes da Imaxe e o Consello da Cultura Galega. En función deste proxecto o seu principal obxectivo non era outro máis que de recuprerar todo o patrimonio cinematográfico e poñelo a disposición de todo o mundo na internet. E para isto o onte o conselleiro de Cultura, Jesús Pérez Varela, e orector en funcións da Universidade, renovaron o convenio para a catalogación do patrimonio audiovisual desde 1897 ata a actualidade e que contará cun presuposto de 21.026 euros que achegará a propia consellería. Ademais desde a Xunta comprometéronse a faciliart ó persoal da sección de cine do Departamento de Arte os medios técnicos dos que dispón o CGAI. Ata o día de hoxe téñense catalogadas 591 títulos cinematográficos relacionados con Galicia e 750 producións videográficas de carácter profesional e 282 referencias bibliográficas.



Patricia Ferreira repite en galego


Como xa fixera coa súa primeira obra, "Sei quen es" a galego-madrileña, Patricia Ferreira presentará o 17 de maio a súa obra en galego, "O alquimista impaciente" nas salas galegas. A película supón a adaptación cinematográfica de novela homónima de Lorenzo Silva co que gañou o Premo Nadal de 200. Na obra o sarxento Rubén Bevilacqua e a súa subordinada Virginia Chamorro deben investigar o misterioso asasinato de Trinidad Soler, un própero home de negocios que aparece morto nun motel de estrada. A investgiación do caso obriga a coñecerr un escuro mundo empresarial e caciquil repreto de chantaxes, sobornos , prostitutas de luxo e desmedidos festexos.
A película está protagonizada por Roberto Enríques, como o sarxento Rubén Bevilacqua, Ingrid Rubio, como Virxinia Chamorro, e por Chete Lera, Adriana Domínguez e Miguel Angel Solá.