A ilustradora arxentina Natalia Colombo recollerá ás sete desta tarde no concello da capital o I Premio Internacional Compostela de álbums ilustrados. A editorial Kalandraka, que convoca este galardón canda ao municipio, anunciou que editará Cerca, a obra premiada, en sete idiomas (galego, castelán, catalán, euskera, portugués, inglés e italiano), cunha tiraxe próxima aos 15.000 exemplares.