Dez da noite do mércores. Unha de cada cinco persoas que están a ollar a televisión en Galicia observa como canta unha señora entrada en anos ou como uns gaiteiros, tamén coa súa idade, interpretan vellas pezas musicais. Cunhas envexables cifras de audiencia, Alalá está a conseguir achegar a música tradicional aos máis novos e difunde o rico legado da nosa tradición. O director do programa, Senén Bernárdez, explícanos como se xerou este sorprendente éxito cando se celebra o Día Internacional da Música.
Posiblemente ninguén pensou, desde a fundación da Televisión de Galicia, que un programa sobre música tradicional puidese ser un dos máis vistos da canle. Ata que hai tres anos Alalá comezou a demostrar que este é un campo que non só funciona, senón que ademais ten nun público urbano os seus principais seguidores. A cousa ten o seu truco, a base é tratar de reflectir con precisión o que é a sociedade galega fóra de tópicos. Traballamos sobre todo en evitar as visións tópicas das persoas. En Galicia adoitaba falarse de produtos gastronómicos e de particularidades turísticas. Con este programa tentamos amosar o mundo da música tradicional desde dentro. Queremos entrar no comportamento das persoas que protagonizan o programa deste un punto de vista xeito social, persoal e familiar, explica Senén Bernárdez, director deste espazo.
Un xeito de traballar
Para conseguir isto recorremos á gravación documental, con pouca construción, empregando criterios de espontaneidade e tentando retratar a xente no seu contorno. O normal en televisión era que a xente chegase ao plató e tocase alí, entón iso quedaba algo descontextualizado, musealizado, explica. Deste Alalá apostaron, pola contra, en contextualizar as actuacións dun xeito o máis realista posible. Para isto o equipo desenvolveu un sistema de traballo que busca coñecer e familiarizarse cos protagonistas antes de ir gravar. Téntase captar situacións da vida real. Ao tempo que se procura a dimensións didáctica e explicar disintas cuestións da música tradicional, coas gravacións téntase afondar no aspecto humano das persoas, explica Bernárdez. Ainda que poidamos ter programas sobre varios gaiteiros que teñen sesenta anos e viven en cadansúa aldea, por exemplo, tentamos amosar as súas personalidades. Queremos que se vexa esa riqueza de caracteres. A persoa alegre, a prudente, a traballador,a o vividor ou o que sexa, completa.
As cifras do éxito
No éxito do programa, sen ningunha dúbida, tivo abondo que ver o feito de que se emita nunha hora próxima ao prime time televisivo, onde se rexistran os máximos de audiencia. Os programas culturais están moitas veces relegados a horarios moi específicos, como se xa de entrada se dese por perdida a batalla pola audiencia, lamenta o director. No caso de Alalá, unha aposta da dirección do ente público permitiu situalo nunha hora envexable, roldando as dez da noite. Viñamos dunha franxa non moi boa e tiñamos arredor dun 6% da audiencia. Entón movémonos para esta coa idea de que se fose enganchando á xente. E a verdade é que case sempre cumprimos, chegamos a audiencias de máis do 20% e normalmente superamos o 15%. A verdade é que a cousa foi ben, ás veces somos a canle máis vista en Galicia, e conseguilo cun programa cultural é toda unha satisfacción, recoñece Bernárdez.
O interese
Para mais, o éxito do programa dáse sobre todo entre nenos e un público variado que en moitos casos vive en cidades, uns datos que poden resultar curiosos a falarmos deste xénero. Eu penso que o mundo urbano está un pouco dividido. Hai xente nova que apreza e ten interese pola cultura e pola lingua galega, e hai outra que vive totalmente divorciada desta realidade. Nós chegamos á xente que lle interesa. O éxito do programa deu nalgúns descendentes na propia TVG. A min cónstame que, vendo que temos bos resultados, para algúns programas solicitábase tamén que se fixesen no estilo Alalá, buscando un aspecto humano.
Retroalimentación
Alén da función didáctica que ten o programa, Alalá está a documentar unha boa mostra das nosas tradicións. Ademais, o seu director recoñece que a iniciativa mantén unha constante retroalimentación co público e cos afeccionados á música tradicional. Hai unha interacción moi grande que eu diría que se dá en espiral. Cando comezamos estaba Uxía Senlle coma asesora musical. Segundo fomos gravando, coñecemos diferentes persoas e moitas propuñan temas, pero agora moitos xa funcionan coma asesores musicais. Conseguimos unha grande empatía con investigadores, e debemos deixar claro que chegamos aos nosos protagonistas a partir de investigacións de folcloristas e musicólogos.
Satisfaccións e camiños
A nivel persoal, para o director a satisfacción máis grande é cando os protagonistas se sinten ben retratados no programa. E tamén cando conseguimos ensinar algo da música tradicional. Ás veces falei con algunhas persoas que saíron no programa e dicían que ao mellor as chamaran duascentas persoas desde Galicia ou Sudamérica. E eses ánimos que lles dan para que sigan tocando e cantando para min resulta moi satisfactorio. En canto aos camiños que vai seguir o programa temos moitos temas pendente. Cada programa propón un tema diferente, e segundo iso e o protagonista, cada un é un relato. Entón temos que procurar que vaian aparecendo diferentes puntos de vista. Se o logramos, estarei contento.