O patrimonio a través dun século

Un libro da Fundación Barrié amosa a evolución do noso patrimonio ao longo do século XX

30/9/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Non sempre houbo pallozas restauradas, nin todas as Torres de Oeste tiñan almeas. A Praza do Obradoiro tivo unha estatua no medio, e Monfero estaba invadido polo mato. Son só algúns exemplos de como mesmo os elementos máis antigos do noso patrimonio mudaron ao longo dos anos. A Fundación Barrié acaba de publicar o Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia unha obra pioneira de Ángel del Castillo que se publicara orixinalmente en 1972. Neste libro podemos comprobar a situación dunha grande cantidade de monumentos ao longo do século XX.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Barrié, Torres de Oeste, Obradoiro, Monfero