Cándido Pazó faise co premio Max ó mellor autor en lingua galega

E o Max foi para...

"Ñiqui Ñaque" valeulle a Cándido Pazó facerse co premio Max ó mellor autor en lingua galega. Estes premios, organizados pola Sociedade Xeral de Autores e Editores, recoñecen cada ano o labor de tres autores nas linguas minorizadas do estado. A única candidatura galega fóra desta categoría, a da obra "Sexismunda" a montaxe revelación.

Ñiqui Ñaque


O seu traballo coma autor en "Ñiqui Ñaque", obra posta en escea pola compañía Ollomoltranvía valeulle a Cándido Pazó o premio ó mellor autor en lingua galega nesta quinta edición dos premios Max. Onda el eran candidatos Roberto Vidal Bolaño por "Mar revolto" e Eduardo Alonso por "Alta comedia".
"Ñiqui Ñaque" é unha "pateticomedia" na que dous actores son contratados por un duque para dar un espectáculo e tentan facerse pasar por unha grande compañía sen máis axuda que a dun ciclomotor.
Cándido Pazó, vén desenvolvendo a súa actividade no mundo do teatro desde 1975 tendo participado en espectáculos do Centro Dramático Galego e fundando compañías coma A Farándula (1983), Tranvía Teatro (1989) ou Ollomoltranvía, coa que vén traballando desde 1993. Como autor recibiu premios coma o "Xeraci—n N—s" 1.989 por "O melro branco" e no 2000 obtivo de Premio Mar’a Casares ao Mellor Texto Orixinal 2.000 por "O bululœ do linier".

Outros premios


A outra obra galega que optaba a un premio na gala dos Max, "Sexismunda" de Sarabela Teatro, non acadou facerse co premio á montaxe revelación, que foi parar á obra "Pan con pan" de Trapu Zaharra.
Os galardonados coma mellores autores nas outras linguas periféricas do Estado foron Paco Mir, coa obra en catalán "No es tan fácil" e Bernardo Atxaga con "Bámbulo". A obra "Panorama desde el puente" foi a grande triunfadora da noite ó obter seis galardóns, entre eles o de mellor espectáculo, mellor dirección e mellor adaptación, que foi para Eduardo Mendoza.
A entrega dos premios celebrouse na noite de onte no Teatro Principal de Valencia.